entre cádiz e o ceo só hai oceano e a brisa xusta para despeinar os tendais da cidade tan tranquila. nestes tres días a cidade deixouse percorrer polas rúas estreitas onde o sol se deita entre os xeranios, polas prazas que se enchen,pasadas as sete,de adolescentes malotes,escúters que rompen a tarde, minisaias de cores brilantes e tabernas de viño e partida. o mellor é botar a andar polas rúas sen pretender que che leven a ningures e entón,ao dobrar unha esquina, aparece un parque de sombra fresca que agarda polo verán, un mercado de flores ou simplemente o mar que bica os pés da fortaleza. ás noites estiran as súas horas intentando o frío sen conseguilo e entón non hai máis remedio que armarse de valor e cañas para saudar a madrugada.
pola nosa parte, e seguindo a máxima de donde fueres haz lo que vieres, entregamos a noite do sábado ao tremendo botellón que se celebra nas prazas cercanas ao hotel. o cóctel inclúe agradables vistas, vodka económico feito en málaga, e adolescencia desenfrenada. aos poucos minutos constantamos con horror que somos de entre miles os máis vellos e decidímonos a pillar pronto, e con bastante sorte, e apousentarnos en tabernas máis animadas, onde o chan non está cheo de cristais, as botellas non teñen a habilidade de voar e as copas, como non, van carísimas.
o domingo achegámonos á caleta, que che ven sendo o riazor de aquí pero coa auga a mellor temperatura e como corresponde á miña condición de turista deixo que o sol me queime un pouco e botamos un julai-bol bastante patético. hoxe tócalle de queimarse aos da peli de alatriste, que teñen a praia e o castelo tomadas.esta mañá achegámonos por alí coa idea de cantarlle aquelo de vexo vigo vexo cangas, pero non temos moito éxito entre os asistentes á rodaxe, que agardan ao sol a chegada dos artistas.
despois adico un bo anaco a buscar un ciber no que non me tanguen e caio nun salón recreativo cheo de bingueiros,limonciños e ruido de engulir moedas.ciber para maiores de 18 anos. flipei.
mañán estamos na central lechera, sala que no ano da explosión en cádiz servía leite para as familias dos barrios destruídos e agora está convertida a teatro.a súa publi e moi parecida á da nasa. miro se teñen páxina web. non. non sei de que me estraño...