
cando me alegrei tanto alguén me dixo sen malicia que son demasiado inocente. será.
e que? a min gústame ser inocente, non lle atopo nada de malo a agardar das cousas algo bo e agardalo sempre coa ilusión entre os dentes. e tampouco podería erguerme polas mañás se non fose así, nin saír á rúa a berrar alto, nin pelexar contra as miserias que nos rodean, nin estudiar sabendo que me queda máis materia da que pode dar lido un ser humano en doce horas, nin sorrir, nin nada.
a ilusión é o que ten, o que vén non será o mellor, pero ela sempre está aí para que desexemos mirar máis alá. e é por iso que me alegro, que hai días xa que non podo sacar este sorriso parvo e que non me concentro nada na evolución do consonantismo. porque conxugamos o lume e o sol saiu unha miguiña. e por iso mañá vou ao exame, e pasado ver aos embaixadores do licor café, e penso celebrar a miña inocencia. brindarei por ela e pola de todos os que me sorrían.
teñan vostedes un pouco de ilusión, loiten por ela, e todas as penas parecerán menos.