<>
teño que facer unha recensión dun artigo para dialectoloxía. esta é a cara b da recensión seria que vou entregar. ;)
o artigo é dun tal elixio rivas e o tema é tan apaixoante como a isoglosa pazo/ pacio en galicia. aí es ná. está publicado no número tres da revista verba, alá polo ano 1976. rivas, que debía ser daquela un tipo ben ocioso, contou todos os lugares de galiza que se chaman pazo ou pacio, ou unha evolución semellante do que en latín se dicía palatium.
debeuse sorprender tanto coma min cando chegou á conclusión de que había nada máis e nada menos que 354 lugares con eses nomes e que case todos os que están en Lugo e Ourense, que son os máis, varían entre chamarse pacio e chamarse pazo. Isto, para alguén de a pé non quere dicir nada, pero para o avespado ollo de filólogo de rivas quer dicir que uns veñen da forma vulgar pazo, que é a forma á que chegaron nonseicantas xeracións de galegos falando galego- e outras tantas da forma semiculta pacio, que ven sendo algo así coma un mamut lingüístico. >
e mira ti, que a rivas lle parece tan trepindante a cousa que examina un lote de documentos onde aparecen estes topónimos e comproba de que ano son e como están escritos e aprende as reglas evolutivas do galego de memoria e compara esas dúas cousas. e di que alá polo s VIII, cando os animais aínda falaban, aquilo que en latín era palatium dise de dúas formas, unha vulgar que debería ser palazo e unha culta, palacio, e que de aí é de onde veñen as dúas formas de dicir o mesmo, iso que aos galegos nos gusta tanto.
pero...porqué en lugo e en ourense hai as dúas formas e noutros lugares non?- inquírese rivas ao seu propio intelecto incansable... entón saca o xerais e o estravís, a ver que significa a palabra, que se refire a unha casa señorial, suntuosa... de categhoría, vaia. e compáraa con outras linguas. e alguén lle conta que ten que ver coa maneira na que os romanos colonizaban o país. esquematicamente: unha casa do señor ( palatium) con terras de redor e casas dos que as traballan. aí tendes, unha vila. contra máis indíxenas se axunten á vila, máis grande. pura lóxica. e ao sitio, ás veces, pois... acábanlle chamando pazo.
e as que se chaman pacio? ai amigho...con la iglesia hemos topado. os bispos de lugo, todos moi requintados, cando corría que voaba o século VIII, foron os encargados de facer unha repoboación nas marxes do miño e do sil e non lle ían chamar aos sitios novos pola palabra vella, sendo a igrexa o que era, así que tomaron a forma culta da palabra (palacio) e puxéronlle ese nome ou cousas semellantes. contra o que non puideron nada foi contra a evolución imparable da lingua, que fixo o que tiña que facer e no século X sacoulle o L, como lle ha de pasar algún día á cidade de sir paco.
xuro que onte as tres da mañán pensei en entregar esta...presiso unhas vacasións....