o sr. mata escoitou por fin os meus rogos, que lle deberon pesar na conciencia coma moedas de ouro, e onte concertoume unha cita cun monitor de prácticas. técnicamente era a miña primeira vez, aínda que xa tivera algunha aventura co vehículo do sr. hank e a súa adorable compañeira, así que ía bastante preocupada pensando que pasaría se de súpeto descubría que era completamente inútil e toda a vida me vía condenada á escravitude do coche de liña.
na práctica resultou que parece máis sinxelo do que seguramente é, e a maior das complicacións está en aprender a parsimonia precisa para o exámen. como iso de facer así co brazo dereito levado cara atrás , con estes dous dedos presionando sobre tal sitio, separándoo do corpo de tal outra maneira....vaia, dous minutos de explicación para dicirme que puxera o cinto. e toda unha cerimonia como se fosemos os tripulantes da sputnik.
en canto acendo o coche, e a modo de gracia para romper o xeo, o monitor, tras explicarme como se arranca, bautiza ese punto que ten o embrague como o punto g. a media tarde o destino e a miña impericia, volven a súa propia gracia contra el, que adicou a segunda hora de práctica a berrarme cálaseche porque te pasas do punto g! porque te pasas do punto g! eu, armada de paciencia, intentaba concentarme e coordinar pés e mans mentres el poñía cara de agobio. e cando me comecei a fartar de que me apurase e xa tiña algunha serpe na boca para soltarlle, resulta que rematou a miña hora e quedei coas ganas.
o que máis me vai custar de aprender a conducir vai ser aprender a calar. está claro.
hoxe repito, mesma hora mesmo lugar, e levo todo o día impaciente. xustamente hoxe que din na tele que queren que os noveles non anden de noite. están tolos estes romanos! se iso vai adiante esixirei que unha patrulla de tráfico me agarde á saída do cine para traerme de volta á casa.