o que inventou as pelis de video era sen dúbida alguén que coñecía os rigores da resaca. en recordo a tan entrañable personaxe e por obra, e sobre todo gracia da rede, compuxemos un menú ideal para días deses que non existen. a saber:

entrante : os tres primeiros capítulos de
os novos. raros coma a vida mesma. xeniais, ademais do mellor exercicio de dobraxe da historia da telegaita.

primeiro prato:
spinal tap, surrealista documental ficticio sobre banda de heavy cliché. incríble. aínda hoxe nos preguntamos quen carallo financiou tal cousa.

de segundo,
24 four hours party people, ten o seu punto friqui, si, pero merece por escoitar joy division. o mellor para a resaca en pandilla porque é coma estar de marcha sen estar.
de postre galletas de chocolate. o menú non inclúe copa e puro, pero fomos
á herba para a burra e fixemos petición de descarga do
monty python's flying circus. unha revelación.
agora xa estamos para outra ;)