31.1.06

meixide315

na primeira ultranoite do ano a nasa parecía londres nun dos seus - supóñolle eu- húmidos invernos. para os que non asistiron direilles que a golpe de sábado quedou un espectáculo moi xeitoso, con arredor de 20 números do máis diverso entre os que había cousas moi divertidas.

un dos mellores momentos da noite, sen dúbida, foron os minutos de gloria do amigo meixide. o seu número consistíu no recitado dos 315 concellos do país por estricta orde alfabética. algo glorioso.

e dirán vostedes, que mérito ten iso? pois saiban que o complicado do asunto non é aprendelos de memoria e largalos sen máis, senón conseguir que a xente escache coa risa, porque, ao fin e ao cabo...que carallo nos facía tanto chiste?

a mente humana é un misterio insondable. ti meixide, eres un xenio.

anímate coas parroquias, meu.

9 comentarios:

bandini dijo...

Inmenso.

From Hell dijo...

grandioso

nenodanorita dijo...

(...)

TXARI dijo...

que pena nom poder ir...contaronme fragmentos pero nom foi o mesmo...grandioso meijide,pero co das parroquias nom creo que lhe den os folghos, jâ só para as parroquias de muxía...

DESORDE dijo...

apunto na lista de cousas para non facer nunca máis: tomar decisións...

sara jess dijo...

meixide, para min, é o Gila galego, pero cun toque especial: o toque Meixide. único, intranferible.

mariademallou dijo...

apunte desorde, apunte...;)

Anónimo dijo...

This is very interesting site... »

Anónimo dijo...

That's a great story. Waiting for more. Casio camera watch review florida timeshare Cumbernauld gay stories Laptops kansas city vaughn Mixed anxiety depression effexor Discount bontril order online http://www.domain41.info Ubs currency trading Jones the bookmaker shoes