14.3.06

como hei de carpir

nestes días de décimas excesivas nos que a enfermidade me botou a man á gorxa aparquei todos os traballos- perdóname sechu, nin unha liña con xeito dicataban os termómetros- e entre ibuprofeno e ibuprofeno dediqueime á lectura de tanxerina,poemario de mario regueira, recentemente gañador do premio xosé maría pérez pallaré de ferrol e que en breve ha de publicar espiral.
igual foi a febre, quen sabe, pero viaxeino moito e moi bonito.
para mostra uns versos- amigo mario, descúlpeme o copiceibe que lle fago sen aviso- de fermoso comezo:

Tanxerina, como hei de carpir

(xa non hai rapaciños a quen poidas axudar,

e non farás nunca máis de viúva islámica).

A cidade derruba a túa historia sobre min

e ninguén me quere dar xa

té con menta, apertas,

sexo mercado. O solpor sobre

o Magreb é doce como o maxum

que nos facía vernos aínda máis fermosos.

(Coma doce de marmelo, coma seme rodando pola

pel). As aventuras nunca comezadas rematan aquí dixeches,

e levo o teus dentes no pescozo.




en canto tanxerina ande pola rúa avísolles para que lean máis.

33 comentarios:

arsenio dijo...

Ola :)
Eu só quería aclarar unha cousiña moi importantísima: o xosemaría pérez parallé non é de Ferrol, é de Fene.
E de paso aproveito para facer publicidade:
para quen non estivese nunca en Fene e lle apeteza visitala, temos aquí os restos arqueolóxicos mellor conservados da metalurxia do século XX.
VIDE A FENE!! (por favor :P)

Bicos a María
Bicos a Mario tamén

mariademallou dijo...

;) moi ben que o aclares, arsenio, fun eu que mesturei que mario é de ferrol con xosemaría, que efectivamente, é de fene. as miñas disculpas.
un día vamos a fene,pero tes que nos convidar a unhas cañas ;)
bicos!

Anónimo dijo...

Arsenio nom bebe,asi q che invitara a umhas canhas de chocolate jeje.
Um saudo dum vecinho cercano de Arsenio jeje

mariademallou dijo...

vaia vaia...un poeta que non bebe...arsenio, xa lle estamos poñendo solusión a iso!;)

dario dijo...

Um dia imos quedar com Mario de troula em Compostela e imos meterlhe o vicio do licor cafe.

arsenio dijo...

Pois si, Darío e mais eu temos pendente ir un día de xolda por Compostela con Mario (escribe moi ben, por certo. Estou desexando mercar ese libro) e andamos buscando data. Podes vir ti tamén e así xa te convido ás cañas.
E que veña ohqtomr tamén e así xa o ves en persoa para poder comparar o debuxo con exactitude :).
Carai, cantos temas fiados en tan pouco espacio :P.

mariademallou dijo...

pois xa me avisaredes para apuntarme a esa carallada compostelana!!! ao hqtordv hai xa un tempiño quenon o vexo de marcha e aínda mefacía ben chiste sacalo por aí en tan prometedora compañía.
saúdos!!!

mariademallou dijo...

por certo...teño que aclarar que ao meu ordenata non lle vai ben a tecla espaciadora dende aquela aventura do baño en cervexa...por iso hai palabras apeghadas...ai que difísil é ser eu....

Filho de Iansa dijo...

Pois eu diría que é necesario facer mesmo unha xoldra por Fene, até fechar todos os garitos de vellos que fiquen. Ademais de resto arqueolóxicos temos tamén cultura de resistencia (sobretodo os bravos de Maniños, ou por mellor dicir @s brav@s de Maniños). Por certo, que é iso de que Arsenio non bebe? Imos ter o primeiro poeta abstemio da historia da Galiza!!!!. E por certo Darío, que chegas tarde, o vicio do licor café vaiche boa que o teño, que lle pregunten a mariiña e que dea fé. Licor do neghro caféeeeeeeeeeeee....
Agárdasevos por aquí. Bicos a todos.

mariademallou dijo...

si, meu fillo si, dou fé de que ten o visio do licor café.
e senon que veña calquera das mañáns que nos atopou aos tres abrasados coma amighos....
;)

lucifer dijo...

Aljúns a calquera cousa lle chamades poema. Así está poesía jalleja, que vale todo. Mellor que vos adiquedes ao licor café, jarrafoneiros.

Dario dijo...

Os bravos de maninhos? bravos somos @s da Armada(lugar d Maninhos).
O vicio nom ia por ti ia polo Arsenio haber se o dou liado e um dia o botamos a perder em Compostela,q leva umha vida q nom vai saber ejercer d funcionario jeje.
Saude e terra poetas

Dario dijo...

O d que tenhas o vicio nom o nego jeje.Pq eu sempre acabo a catro patas pq me tumba e me mata

diablito dijo...

lucifer:
home, a min tampouco me gusta o poema do rapaz este, pero non é para porse a insultar a xente así.

d.

TXARI dijo...

o licor café é bebida de poetas, de pintores, de titiriteiros...de bohemios e até de prejiseiros....e o de sair a catro patas, benditos bos que non sabedes o que é sair reptando duim local....iso sí é uma bebida que aflora as sutiles vebas

ohqtordv dijo...

acepto o reto. aínda que non hai tanto temmpo que nos vimos de marcha a última vez, mariademallou.

ou é que o nivel de licorcafé en sangue non che permite lembralo?

moito caso non me fixeches, ben sei. pero tamén é certo que eu estaba de retirada e non che din moita opción.

cando queirades. débome tamén unha esmorga co mario & co.

e supoño que unha noite de marcha non lle provocará ao poeta de fene unha sobredose de zume de pexego.

o don xosemaría era de fene, igual có premio que gañou o mario. hai un outro premio con ese nome en ferrol. e non lles cobramos dereitos de imaxe!

lucifer dijo...

Tes razón, diablito. Paseime un pouco, pero a poesía (creo eu) é algo máis serio que colocar oracións así ó chou. Pido disculpas ós coleguillas do botellón licorcafeteiro. Ouh a poesía...

arsenio dijo...

En resume:
CONVOCATORIA DO I BOTELLÓN POÉTICO “LICORCAFÉ” 2006
Lugar: Compostela. Data: a determinar en asemblea.

Eu licor café xa vos digo que prefiro non tomalo. O licor non me sabe e o café tampouco me sabe, e se teño que tomar as dúas cousas xuntas... :S
Dito isto, atópome ante un gran dilema: bebo toda a noite zume, que provoca diarrea, ou bebo fanta, que provoca gases?
Eu para o que teño aguante de verdade é para as tapas.
E o de saír por Fene a pechar bares tamén estaría ben, pero xa vos digo que, como o fagamos, á unha e media da noite xa estamos todos na casa :P.

Nota: pois a min o poema de Mario gústame moito

Veloso dijo...

Onte pasei a tarde paseando polo teu Berlín. Foi un paseo delicioso. Síntome algo incómodo cando falo de poesía (xa ves, algún trauma adolescente que non dei superado, supoño), pero, aínda así, direiche que hai versos que me pareceron realmente magníficos. Parabéns.

acedre dijo...

Ogalla que te recuperes e que sigas disfrutando da poesia.
Un saudo.

Nando dijo...

Ola! Preciso falar contigo... mais non atopo o enderzo de correo electrónico no perfil. ¿podes escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? GRAZAS!!

Mario dijo...

Ei, que eu respeito a quen non goste dos meus poemas e mesmo a que non goste da poesía, porén teño que confesar que parte do poemario foi escrito baixo a influencia do licorcafé e outras drogas brandas. (ao mellor de aí o de colocar frases ao chou). abrazos a tod@s. (Arsenio, tes toda a razón do mundo, brav@s somos @s da Armada).

dario dijo...

Mario o dos bravos dixeno eu.Arsenio nom pode dicir eso q logo lhe dam os d abaixo

Anónimo dijo...

E digo eu..., non estou invitada a esa noite de pedra, choiva e alcol? (é ler licor café e emocionarme de vez, qué lle imos facer).
Un beixo enorme, nen*s.

Alicia

arsenio dijo...

E claro que estás!
Pero eu xa estou pensando en ir máis alá e engadir á festa, como non, unha vertente gastronómica.
Esta semana houbo un concurso de cociñeiros no instituto de Pontedeume que me deu a idea. Tiñan que facer dúas receitas, unha libre e outra que incorporase a berza como ingrediente.
Eu propoño algo parecido: concurso de receitas con licor café. Estou pensando nunha empanada de bacallao con pasas borrachas en licor café. Estará bo iso?

arsenio dijo...

Perdón, verza é con V

Anónimo dijo...

Pois xa postos..., e podemos facer "borrachos" (existen eses pasteis mínimos no voso contexto? xD) de licor café.
Ai!, encántame -Alicia xa ten o escintileo alcólico típico na ollada-.
Beixiños.

Eu mesma

Dario dijo...

Proposta de data,xoves 30 de marzo.Q vos parece?

mariademallou dijo...

mimá...boto dous días fóra da casa e montades un botellón...;)

Modesto dijo...

Pasaba por aquí para saudarte, xa que o domingo me precedeches (no extrarradio, claro)...

Lady Midnight dijo...

É verdade. O sábado escoitei no extrarradio que ías participar o domingo, pero o domingo non me acordei de poñer a radio ata a unha menos vinte e xa non te oín.
Falas todos os domingos? A que hora?

Anónimo dijo...

Where did you find it? Interesting read bmw classic motorcycle part maxtor 60gb hard drive upgrade for xbox Zoloft and codeine http://www.southern-california-laser-eye-surgery.info/Dialup_isp_reliable.html Aviation risk management training Texas mitsubishi dealer bmw 320i fuel pump hose Hair loss from depakote

Anónimo dijo...

Ola, what's up amigos? :)
In first steps it's really nice if somebody supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks and good luck everyone! ;)