2.3.06

estar amterdam

amterdam é tan fermoso que luce baixo o sol do inverno como casa de bonecas, a pouco é de chocolate. dá para adorar co seu ritmo de bicicletas e testos floreados, interminable de canais. así prende nun. ao pouco de andala xa quero quedar a vivir nela ata coñecela. quero pasear por ela coas persoas ás que amo. así é que quero volver á cidade do amstel e da heinekein.

desta volta chegamos de tren e noite á estación que che entrega directamente ao red light district. preguntamos aos taxistas polo lugar máis barato para pasar a noite para así averiguar canto custa que che timen e facer un cálculo do que podemos atopar. camiñamos e preguntamos ata dar cos hostels. todo cheo. hai miles de persoas nas rúas do centro, coma en perpetua noite da patria. andamos unha media hora máis ata que atopamos a bob; cama con outros 12 descoñecidos por 18 euros e dúas torradas con café pola mañán. pódese pedir máis, pero é máis caro. así que ben nos vale aos catro sufridos que somos para repousar o corpo unhas horas.
e saímos andala de noite. a penas coñecemos nada. non sabemos que son eses edificios preciosos que todos semellan igrexas de santos importantísimos. e cando nos perdemos orientámonos polo home que soporta o peso do mundo, aínda que descoñecemos que é o que fai alí. andamos rúas ateigadas de estímulos, xente, obras que excavan a cidade, cafés, comida rápida, sexo...teño a sensación de que lle sobran turistas. e aínda no caso de que non sexa así, teño cando menos a sensación de que como turista eu si que lle sobro. o non saber é o que ten, así que imos saíndo de alí, achegámonos a bares máis tranquilos en rúas con iluminación máis precaria. vou de liadora oficial e iso non me encanta, aínda que ten o seu chiste. e a noite pasámola paseando de bar en bar, rendendo as cervexas e as horas que acumulamos de sono.
o día seguinte apurámolo ata o tren das cinco. pasamos frío, atopo un abrigo de segunda que leva o meu nome escrito, mercamos unhas postais, vemos dende fóra os museos aos que non podemos entrar, retratamos as mareas de xente que andan o centro de compras, os canais, as casiñas, as fietras onde o sol finxe primaveras.... e dende o andén que nos une a bruxelas despedímonos do porto onde viran os barcos coa parsimonia do sol que se vai.
así prende amsterdam nun coma un desexo que nunca se sospeitou. quédase dentro coma o máis doce dos amantes.

8 comentarios:

acedre dijo...

Eu estiven unha vez e case me atropella unha bicicleta. Claro que eu ia polo carril das bicis.
Flipei coas casas-barcazas nas canles que o unico que tenhen en terra firme e o buzon. Tamen lembro os ganchos no alto das casas para enganchar cordas e subir mobles. Entristeceume a casa de Ana Frank e botei unhas risas no museu do sexo e no bairro vermello.
Elixiches bo destino, si.
A onde vas agora ?.

acedre dijo...

Que parvo. Agora decatome de que estas de volta e facendo memoria.
Perdon pola metedura de zoca.

Mr Tichborne dijo...

Que bonito, estar así, deliciosamente perdido nun lugar fermoso. Haberá que ir.

mariademallou dijo...

eu tamén flipei co gancho que teñen as casa no tellado, pero non sabía para que podía ser...na casa de ana frnak alucinei da cantidade de xente que había facendo cola para entrar, igual que no resto dos museos. así que me adiquei a pasear. a verdade é que me encantou e quedáronme ganas de volver.
moi bonito perderse, de certo

bandini dijo...

Qué guapamente...

Juanma dijo...

Xa ves, si eu sobera describir así as miñas viaxes non precisaría a cámara de fotos.
Unha aperta.

mariademallou dijo...

;)o das fotos tamén están ben, por iso de ter unha segunda opinión...

Anónimo dijo...

Looking for information and found it at this great site... Teachers sex story Spam blocker com http://www.lexus-3.info Jennifer aniston's bra size zuca backpacks backpack clive deluxe trainer The matrix cell ringtone provigil complaints Free generic viagra samples http://www.canada-life-insurance-co.info/Backpacks.html Nissan skyline gt r34 reading your credit score arizona lawyer Health insurance wholesale brokers in scotland arlington teeth whitening Medical malpractice big bear Dog racing and betting explained ebags - luggage handbags backpacks bags and travel accessories Attorneys for incorporating in california Pharmacy images