26.4.06

cosmoexperiencia

a fin de semana poética e cordobesa deixou unha cosmoresaca cargada de grandes descubrimentos literarios, unha experiencia encantadora e aínda así, a sensación de estrañeza que lle debe producir a unha vaca pastar en prado alleo. para compensar esa estrañeza pasei por unha librería e merquei uns sete quilos de libros que case me obrigan a vender algunha roupa para poder volver con todo na maleta. do mercado, todo emerxente, recomendo a quen teña tempo e ánimo el sueño del monóxido de josé daniel garcía, adiós a la época de los grandes caracteres de abraham gracera, araña de ana gorria ( gracias polo regalo ana, cen veces máis che salvariamos de morrer como unha estrela do rocanrrol), desvelo sin paisaje de carlos pardo, la fiebre de andrés navarro, a estraña e por veces delicada travesía del hombre del barco de paco sevilla, e aínda tamén os textos de natalia manzano a quen edita el gaviero nuns libros moi xeitosos, a voz sobre os poemas de ana cibeira ( un encanto que nos foramos coñecer tan lonxe da terra nosa), os obxectos poéticos de sofía rehi e os poemas sinxelos de jahel. foi un placer compartir con vós versos,cervexas, conversas e paseos pola fermosa varsovia.
dos poetas xa emerxidos, quédome para sempre con ángel gonzález pedíndonos pitillos e falando de todos os autores aos que non ten lido, e cos versos de gamoneda a quen non puiden ecoitar porque a xente chegaba ao teito da sala aquela tarde e non cabía nin unha agulla posta de pé.
foi impresionante atopar colas nas portas das salas onde lían os poetas, tomar cafés recomendando libros, facer cuestionarios friquis, con xente tan friqui coma ti, sobre os teus versos preferidos, o poema de amor que máis che gusta, o libro que máis che impactou na xuventude...ese tipo de cousas que eu ata agora só vira entre os comiqueiros. foi precioso que córdoba nos abrigara entre os seus muros e valera para atoparnos con libros baixo o brazo.
todo unha cosmoexperiencia.

8 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

soa bonito... tivemos en ti a unha digna representante

folerpa dijo...

Que envexa

Veloso dijo...

Fíxeches fotos para que nos aumente a envexa?

mariademallou dijo...

fixen algunha foto, si, que en breve poñerei na rede para que lle vexades a cara aos emerxentesefervescentes...
un saudiño!

anacibeira dijo...

Ola María, que xenial, poder ver/falar da marabillosa experiencia cordobesa por aquí. Espero que desfrutes das fotiños que che enviei. Escríbeme pra ter o teu mail, moitos bicos. Ana
(xa estás enlazada)

anag dijo...

querida maría,
como siempre un placer,
la verdad es que ha sido una gran cosmoexperiencia, hermosa. Gracias por eternizarla con tus palabras.
Ahora lastraré tu casa atlántica a mí cámara de niebla.
Sed felices las dos.
bicos.

apneica dijo...

ana la inventora de nuevas lenguas me habló de este blog. Saludos a la Casa Atlántica de esta Casa Mediterráneo :-) (¿te acuerdas?...)
dile a Lucía que te pase mis fotos o mi mail para que te envíe imágenes. no tengo el tuyo. hay también en

http://spaces.msn.com/noesimposible

y

http://www.fotolog.com/anaisnin/

bicos desde el sur

Anónimo dijo...

Very nice site! »