20.4.06

cosmopoética



os cordobeses, que son xente moi animosa, cando fan algo non se andan con chiquitas.
para mostra, o botón do cosmopoética, festival que che ven sendo o benicassim da poesía, con varios escenarios e programa ben cumprido e tres aniños xa de andadura. a ver que tal o facemos lualdao e unha servidora, que imos este venres a pasalo pipa con cristina peri rosi, gamoneda, angel gonzález....e... dios santo que programazo ten esa xente!!!!se están ata kiko veneno e krahe!!!
poesía para dar e tomar córdoba ;)

18 comentarios:

Elena dijo...

Vuestros fans acampan desde hace días en la estación para recibiros con pancartas e interpretar una serie de bailes regionales en vuestro honor: ni Luar cuenta con tanto despliegue. Yo la primera, por supuesto, con mis faralaes a cuestas.

Veloso dijo...

Espectacular programa. Póñente como poeta emerxente, o cal debe de ser bo. Fai fotos cos famosos e ensínanolas á volta. Como eu nunca vin nin probablemente verei en persoa a Ángel González, atrévome a pedirche un favor: dálle unha aperta ou, polo menos, dálle as grazas por ser tan grande como é. Pásao ben, María, e aplícate a canción de Leonard Cohen. No teu caso: First we take Berlin, then we take Córdoba.

DESORDE dijo...

vale: o benicasin da poesía. tamén paga o conto heineken? por fin a poesía comeza a ser obxecto de consumo (indi, eso sí)?
pásao ben (polo menos)

bandini dijo...

Qué guapamente!.....

ROI dijo...

Noraboa!A ver que tal vai iso.Vémonos hoxe na MITEU,a ver que tal o facedes.

filipaflipa dijo...

Acabo de chegar do mundo africano e parece que vivín 15 dias aislada do mundo común, ainda hoxe pensava que non podía utilizar agua do grifo!
Dios, tiñas que estar aí, non se sabe nada do mundo ata que entras no continente africano, é coma se entraras nunha maquina do tempo e volveras uns anos atras ata a europa dos 20 ou así. Espero que o pases ben no benicassin dos poetas, pareceme cojonudo o programa, así que faime um poema tamén que necesito animarme despois de tanto mundo raro que descubrín!
Un bico moi jrande!
A ver se nos vemos

SZ dijo...

envexa, teño envexa.
:)
Un saúdo

TXARI dijo...

cando lhes saquedes os cubatas ti e lu, han de flipar de carlho!, renovarse ou morrer!

O Inglés agalegado dijo...

Vaites, unha idea ben boa. Haberá que pensar importala aquí, logo?


Bico jrande!

mariademallou dijo...

unha triunfada de recital o que demos onte aldao e lado nun pub cordobés, o público entregado, nós do máis chisposo...
pasámolo pipa por aquí ;)
saudiños!!!

Marinha de Allegue dijo...

Trainos un algo daló...

Unha aperta.
:)

Marinha de Allegue dijo...

Trainos un algo daló...

Unha aperta.

:)

Ro dijo...

sortiña en cordoba.

anag dijo...

querida maría, desde la tierra media se os echa ya de menos. Sé que os debo la firma, confío en veros, aquí o allí, pero siempre confío en veros pronto.
Un beso fuerte fuerte fuerte para Lucía...
y por ahora mi destino de estrella de rock, parece que se va postergando...jijiji

До свидания

arsenio dijo...

Ei, e se contratamos un bus o ano que vén e imos 40 ou 50?? Molaría.

filipaflipa dijo...

Vivan as poetrastas!
Creio que se senten os rumores desa participacion por todos os corrunchos do mundo: atopeime con un negro en Africa que me preguntou por vós!(seguro que os quería coñecer!). Despois en cando cheguei a Portugal dixome unha señora na cola do ultramarinos "Sentiste falar desas grandes revelacions de Córdoba?",así que me quedei de pedra pois era a unica que vivía na ignoráncia, asi que pesquisei pola net e atopeime con a mundialmente coñecida dupla de poetastras María e Aldao e así compreendín de que falava o povo: Nasceu unha dupla de estrelas!
Un bico enorme(a ver se me levades na proxima vez!)

mariademallou dijo...

ghrasias fi ;)farémosche madriña do dúo poético

Anónimo dijo...

Keep up the good work » » »