11.4.06

eu quero ser santa




e mística. e viaxar coma santa teresa sen gastar un can.

o forito e eu xa andamos 990 kilómetros.
esta semana aparcamos en terra dos diplomáticos.

e vos que fasedes?

21 comentarios:

nenodanorita dijo...

990 quilómetros non esta mal para un par de semaniñas, eu estou traballando ata o mércores en Compostela, e despois pasareime á hostalería de xoves a dominco en Carnota, así que xa sabes, se vas ir ver ó cañón pásate que che invito a un sumo ou a un refresco, aghora acabaronse os cubatas se queres ghiar. ;-) bicos

osondaxordeira dijo...

De paso que chegan as vacacións e que unha fai un parón aparecen as farinxites e outras doensas...Xa se sabe, Non vale parar!.paseo ben e conduza a modiño.

Marinha de Allegue dijo...

Xa dícia iso Alaska, viaxar a Roma e velo Papa...

Por certo hoxe o noso Ford Escort despedímolo, pobriño vai para o desguace, e démoslle a benvida ao Ford Tourneo Connect.

Unha aperta grande.
:)

torredebabel dijo...

Eu vou pasar a semana santa coa familia en Santa Teresita para non desentonar ;-)
Apertas!

acedre dijo...

Pois eu so tenho o venres libre e xuntoo coa fin de semana (neste pais non son mui santeiros, non).
Xa reservamos hotel en Wilmington a unhas tres horas e na costa.

Mr Tichborne dijo...

Eu tamén vou para a Coruña, e pasarei un par de días por Laxe. Nada exótico ou relixioso, todo relaxante, familiar. Metereille case 800 km ó forescor, pa celebrar que onte pasou a ITV (polos pelos)

besbellinha dijo...

Pois ao meu Kalitos voulle meter presión a ver se me chega vivo a terras portuguesas e acadamos os 15.ooo km(7.ooo xa os traía en xaneiro). Ale, a pilotar todos.

Avogado Do Diaño dijo...

Eu vou a meterlle caña de herbas e licor cafe o corpo en terras zamoranas e intentar meterlle o corpo a .....

Bicos

Anónimo dijo...

eu estou desexando qe chegue o 21 pa comprobar se maría lado máis eu valemos para ser unas chicas simpáticas del sur.
bicos ma.
lucialdao.

DESORDE dijo...

pufff: insustentábel

inseminario dijo...

nós?
pois a confundir

ROI dijo...

A ver se algun día destes escapo co carro dos meus pais,que andan polas canarias.Haberá que aproveitar para ir fardando de coche novo.

1000 kilómetros xa!!

diablito dijo...

el abajo firmante se dedicará a la vida contemplativa de bares y tascas varias, esté donde esté.

d.

mariademallou dijo...

pois para os que andedes este día 13 por terras herculinas quédavos aquí o convite para a miña festa de aniversario, unha reunión que faremos no forescor, parqueado na esplanada da casa dos peixes a partir das des e media da nuite. traer sintas, que o forito é dos de casé analóxico e eu só teño tres.
bicos e a disfrutar polo mun do todo!!!
;)

Mr Tichborne dijo...

Cagho no cono!! Estaba na Coruña, pero entereime disto con retraso (coma sempre)

estibaliz... dijo...

Vaia, qué bueno que viniste. Pero qué nostalxia que leo isto o día 17. Felices nonseicántos!

O meu forito gasta máis ca un neno tonto. Iso di miña nai: ter coche é como ter un neno tonto. Porque ela moi politicamente correcta non é. Nin falla que nos fixo á familia.

Coida moito a defensa traseira do teu forito, que os desa marca sonche todos de mala calidade e non quedan nos desguaces.

Polo demais, miña nai tivo un Fiesta marelo chillón (que xa é o paradigma da festa) que lle durou case 20 anos. De motor van ben, coido.

Xa quería saber eu quén era o camello da Santa Teresa que tanto sen vivir nela a traía.

Veloso dijo...

Despois duns días de absoluto relax na mítica Silvaoscura, xa estou de volta na levítica Zamora. Hoxe comezo a cumprir unha sanción deshonrosa: un mes sen carné por exceso de velocidade. Admito a culpa e recomendo prudencia. O meu Córdoba, pobre, tamén merece un descansiño.

Lúa Neghra dijo...

Iamos no zuncho (Peugeot 309 en barallobrés) cara o Alentejo, pero só cheghamos até Matamá. Alá cambiamos pola Berlingho, e aínda cheghamos a Lisboa...

eue dijo...

Pois si, o meu zunchiño pidiu papas, pero xa tá recuperado, non se preocupar.
Por certo que me custou, despois de guiar o de Mamá, reafacerme á súa dirección-non-asistida-pedal-duro-etc... Pero quérolle unha chea del.

mariademallou dijo...

;) ai...que bló do motor se me está volvendo este...

Anónimo dijo...

Where did you find it? Interesting read » » »