30.5.06

pérez pallaré no rick's


xosemaría perez pallaré era un poeta de fene que, entre outras obras memorables, fixo pai a mario regueira do seu primoxénito poético. e nestes días o premio que leva o nome do citado poeta fai pública a súa segunda convocatoria para autores inéditos.
isto lévame a contarlles ademáis que el é o amable causante dunha cadea de cousas que levaron á resaca soberana que deixou a presentación de mario nos que o visitamos o sábado para acompañalo en tanxerina-que edita espiral- e na súa viaxe. a velada, na camarilla de crechas, foi unha algarabía de voces amigas que fixeron caras bes dos poemas do homenaxeado, ademáis de ler unha tanxerina e un poema propio. acompañado iso da guitarra de miguel, para quen toda a poesía é rocanrol, tango de sintasol como fin de festa, moito sentimento e regadío da mellor estrella patria... boten contas.

que liante eres mario, pero que ben che quedou. pérez pallaré estaría orgulloso de ti.
e a nós, sempre nos quedará portugal.
;)

9 comentarios:

ÁNGEL GÓMEZ ESPADA dijo...

Hola, me encantó tu página.
Así que te pondré un link en la mía, si no te importuna.
Si entras en ella, sabrás cómo localizarme. Si no, busca por EL COLOQUIO DE LOS PERROS.
Un saludo.

mariademallou dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
mariademallou dijo...

pois encantada tamén ;)

Dario,o curnam d arsenio dijo...

A verdade e q a velada do sabado estivo bem fixose moi ameno.O Regueira montou umha boa para celebrala presentaçom do livro.

Mario dijo...

Quedará Portugal e o outro lado da cidade. De verdade, que fiquei encantado de todo o acto, e a xente soubo estar á altura e máis arriba e nunca rematarei de agradecerllo a tod@s. Pedazo de poetas, que nen aburren ao público, e pedazo de músicos que nos deixaron de boca aberta. Beixos a todos. A tanxerina, eu e a poesía deste país temos unha débeda con vos.

Mario dijo...

A e non é Pallaré, é Parallé, Pérez Parallé, moi bo home e moi querido pola comarca.

Calidonia dijo...

E non deixen de empregar o seu esconxuro da queimada, o de Pérez Parallé, bastante máis formoso que o arquicoñecido por todo o mundo.

Podedes velo aquí

Apertas

Anónimo dijo...

What a great site Ultram in urine cooper mastercraft tire Christine lee - dentist Popular email filter words Play caveman keno and win Free legal forms agent agreement

Anónimo dijo...

Hi!
You may probably be very curious to know how one can make real money on investments.
There is no need to invest much at first.
You may commense to get income with a money that usually goes
on daily food, that's 20-100 dollars.
I have been participating in one project for several years,
and I'll be glad to share my secrets at my blog.

Please visit blog and send me private message to get the info.

P.S. I earn 1000-2000 per day now.

http://theinvestblog.com [url=http://theinvestblog.com]Online Investment Blog[/url]