11.5.06

ático

chicago é unha cidade populosa e trisilábica
con este verso comeza o ático de arsenio iglesias, poeta visitante desta casa e participante do obradoiro de poesía de fene dende hai xa uns anos, que ven de gañar o premio avelina valladares con este seu primeiro libro. ático é un lugar cheo da poética das cousas pequenas e cotiás, feito coa sabedoría dos que saben ver nunhas mans estendidas un regalo e coa ansia dos que comparten sensacións do corpo.
lean un pequeno adianto na casa do hqtordv.

11 comentarios:

From Hell dijo...

malegro por el ... desde que deixou o depor non foi ninguén (que chiste máis tópico,¿verdade?)

mariademallou dijo...

tópico si, pero un chistaso. o que lle queda a ese home por aguantar....

diablito dijo...

a verdade é que carga unha cruz con ese nome as costas.

d.

estibaliz... dijo...

Lindo e axustadoárealidade verso.

A verdade que un poemario galego que empeza coa palabra "Chicago" xa parece pagar a pena.

Hai áticos dende os que se ve moi lonxe, lonxe, lonxe... Eses son os que queremos, señores conselleiros e ministriles

curmam da victima dijo...

Eu som curmam do rapaz,ja esta bem d usar ese chiste co pobre.Vai ter q cambiar d nome jeje.
O rapaz cando se enterou do premio empezou a correr da alegria e segum me contou a sua nai chegou ata euskal-herria.
O q e umha pena e q o rapaz nom consume o elixir nacional,licor cafe.Pero q se vai facer.
Manha presenta em Fene Mario o seu novo livro.

diablito dijo...

licorcafé: elixir nacional non, exportación ourensá.

d.

mariademallou dijo...

moita merdiña para a súa presentación, sr.regueira, lamento non poder asistir, pero ando pola festa do 17 que se celebra o 13, nome de capacidade mnemotécnica incríble, por certo. páseo ben e tome unha caña á miña saúde que eu farei o mesmo.
saúdos

arsenio dijo...

Ola a tod@s :).
Bueno, por alusións aquí estou :).
O primeiro de todo: moitísimas grazas, María, por
falar de min no teu blog. Non estou moi seguro de que o
mereza, pero a verdade é que foi unha cachosorpresa
impagable :).

Sobre o tema do meu nome, confeso que naqueles anos 90 do Superdepor,
que me colleron a min
en plena adolescencia, si que me daba un pouco de
corte o momento das presentacións. "¿E ti como te
chamas?", "Arsenio". A seguinte frase era sempre
invariablemente a mesma: "Coño, o bruxo de Arteixo, hehehe",
e a seguinte máis era: "¿E non serás Iglesias?".
E claro, eu dicía que si, e resultaba moi simpático
porque a xente non sabía se era verdade ou se me estaba
apropiando da broma, co cal quedaban medio desconcertados,hehehe.
De todas formas, a medida que te vas facendo maior
deixas de darlle importancia a cousas coma esta porque non pasan
do anecdótico. De feito,
ter este nome soe ser moi útil cando coñeces a alguén
para romper o xeo e empezar a falar de algo. É raro que
cando coñezo a alguén non empecemos cun sorriso :).

Á parte de todo isto, quería aclarar un detalliño: "Chicago é unha
cidade populosa e trisilábica" non é un verso do libro, é o lema co que
o presentei ao concurso. En realidade nin sequera é unha frase miña,
é dun libro de Paul Watzlawick que lin durante a carreira.
Pero en calquera caso pensaba encabezar algún poema con ela.

Máis nada, bicos a tod@s.

mariademallou dijo...

ola arsenio!
eu sabía que non era un verso exactamente,xa que non forma parte dun poema, pero permíteme a licencia poética porque a frase é caralluda.é un verso sen poema.
;)

Anónimo dijo...

That's a great story. Waiting for more. » » »

Anónimo dijo...

Andabamos por aquí hai dez anos. Ola, nós mesmos do pasado. Deixar esta mensaxe é en parte coma seguir alí.