6.6.06

7.6.06: despois do mundo acabar

se o mundo non acaba nesta xornada que se ergue de sol e calor coma se fose aviso do mesmísimo apocalipse, mañá xuntaranse no centro sociocultural de fontiñas as poetas yolanda castaño, rosa enríquez, yolanda lópez e olalla cociña, para falar do proceso de creación e a creatividade na poesía - título algo revirado para un debate- ademáis de recitar textos acompañadas do pianista glauco galán e proxectar videos. a xornada desenvólvese dentro do programa da semana cultural do centro sociocultural de fontiñas e dá tempo de ir á praia e pasar cheo de salitre a velas, porque comeza a iso das 8 da tarde.
agora ben, se o mundo acaba hoxe voume cabrear bastante porque acabo de gastar 50 euros en cambiar o filtro e o aceite do forito.
;)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Lémbrame a unha canción de Adriana Calcanhotto e a un conto de Castelao (toma interculturalidade). Todo o mundo di que o mundo se vai acabar e entón a xente comeza a amosar os seus secretos e a realizar os seus desexos, valla dicir, a ser o que realmente son ou o que realmente queren ser. Despois, o mundo non se acaba nunca, e a xente ten que apandar coas consecuencias. Será isto a historia deste pais? Tanto catastrofismo lingüístico que teremos que acabar pagando por non atrevernos a ser o que queremos ser?
PD: Mira que saes curriña na orla dos pequeniños, vai por ela e mírate.

bandini dijo...

como se acabe después de salir yo del curre hasta me cago en dios....

mariademallou dijo...

pois parece ser que non rematou! ireime ver á orla dos pequeniños ;)

pipi das meias altas dijo...

Hola nena! vaia concentración poética!
Todo o glamour nun anaco de tempo, ata eu iria non fora que teño tanto que facer, o mellor un dia paro por aí , a ver...
Sigo esperando a tua visita, se queres ven ata aqui e levote o festival de musica que fan no meu lugar, xa verás que chulo esta o programa: http://www.fmm.com.pt/, mira só que cousas bonitas tamén se fan aqui!

Veloso dijo...

Pois dálle saúdos a Yolanda López, coa que espero poder tomar un café antes da próxima apocalipse.

acedre dijo...

Nunha desas fins do mundo tiven a sorte de estar nun bar onde o taberneiro cria realmente que era a fin do mundo e houbo barra libre aquel dia.

From Hell dijo...

se o mundo acábase haberá que botarlle a culpa ós recitais poéticos...
non é para menos.
saúde

TXARI dijo...

nom desconfíes, éche así o conto...

Marinha de Allegue dijo...

De acabarse nadiña, ainda queda moito...

Unha aperta guapa.
:)