29.6.06

feirantes (ou avisados quedades)


atención!
fin de semana feirante!
comezamos o venres na fundación granell de compostela onde unha servidora e lucíaldao presentamos de novo onde estea un cubata que se quite un soneto, a iso da oito da tarde. alí, por cortesía de boga poderedes escoitar os poemas de yolanda castaño, ana romaní, pilar beiro,maria do carme kruckenberg e os nosos propios a golpe de base electrónica.
e xa de resaca, o sábado personarémonos ás oito da tarde no festival da poesía e danza das festas de san pedro, onde interveñen dani salgado,antía otero, brancanovoneira,bárbara monteagudo e nós memas, acompañadas de pepa yáñez. faremos sesión dobre de poeta de merda, unha parvada poéticoespectral na que pepa intrepreta o esprito de rosalía. repetimos, esa mesma velada, na ultranoite da memoria da nasa.
uf!

13 comentarios:

bandini dijo...

para la ultranoche esa estuvieron filmando a mi madre y a mi tía esta semana, hablando del difunto de mi abuelo Marcial Villamor, anarquista y carpintero. Además de fusilado claro..
A ver si nos vemos.

mariademallou dijo...

espero verche. e a túa nai e a túa tía.bicos;)

Pedrofenix dijo...

Non vou poder estar para as festas (cachis!!). A ver si podo pasar ainda que sexa o Venres. Sorte e a pasalo ben.

ifrit dijo...

Así me gusta, avisando con tempo! ;)

Espero estar nas dúas citas, gustei moito das cousas que fuches colgando no bló :)

Que boas son as Festas de San Pedro!! En Santiago as festas dos barrios son mellores cas do concello... Castiñeiriño, San Pedro...

oko dijo...

que rabia!!!
non podo estar!!!!!!!
por que en marín nion teremos destas cousas?

mariademallou dijo...

iso de que en marín non teñades esas cousas ten fácil arreglo, buscas un bar ou similar, buscas un par de poetas ou similares, fas que todo coincida ne mesma nuite cun par de cubatas...e listo! ;)

pipi das meias altas dijo...

Como currades pa facer a festa, e o pulpo, donde está?
a min me parece essecial unha festa da memoria do pulpo!
(quero dicer: que pena eu tamén queria ir!)bicos

Lúa Neghra dijo...

Millóns de ghrasias por virdes ao meu barrio facer cousas bonitas na rúa! Muuuuua! Por certo, quedei co cirio e a tiza, se o precisades para outra... O vasiño da ouija non, que estaba esnaquizadiño de refreghalo contra a pedra o pobre...

mariademallou dijo...

grhasias a ti por nos convidares, pasámolo mui ben ;)

pepa dijo...

Estivo moi ben lua negra, que festasas !
María un pracer coma sempre preparar estas intervencións tan tolas,"Pausa" e "poetas de mierda", temos que preparalas algo e facer un lote para envolver... vai pensando no terceiro bloque...
jeje bicos mil

mariademallou dijo...

si q

mariademallou dijo...

si que o pasamos ben, si. é un plaser faser estas toladas contigho pepiña!!!

Anónimo dijo...

best regards, nice info Liposuction healing