12.6.06

a illa dos escritores premiados (contoparvo de inspiración medieval)







sedíanse eles na illa de san simón e antes de ceracárenos as ondas- que grandes son- entregaron os premios xerais de novela, o caixagz de literatura xuvenil e o merlín de literatura infantil.
e a festa debeu ser memorable, especialmente para os expulsados da illa, que foron diego ameixeiras, pai de horacio dopico, debilidade desta caseira- quen dende o sábado ten tres segundos de memoria, o mesmo que os peixes- o bloveciño jauréguizar, por a cova das vacas mortas, e agustín agra, un profe de noia que se estrea co tesouro da lagoa de reid'is.
todo isto respectivamente.

e así foi que marcharon da illa tan contentos, a celebralo tomando cañas, ou algo peor! o resto do convidados quedaron alí. viñeron as ondas. que grandes son, que grandes son... o seu amigo chegou, pero era demasiado tarde e...
... e... así quedou a cousa.

parabéns!

6 comentarios:

From Hell dijo...

pois parabens para os gañadores e que se emborrachen os perdedores!!

mariademallou dijo...

e vostede, señor hank, ben que podía animarse un ano destes...

acedre dijo...

Saiuche redonda a poesiaexplicativadospremiosxerais2006.
Un saudo.

mariademallou dijo...

;)

TXARI dijo...

imposible presentarse a eses certames os que se mareen na mar!!!!...noraboa aos ganhadores e aos perdedores e que corra o alcól....

Anónimo dijo...

Very nice site! » » »