4.7.06

verdades coma chalés

chégame un correo que confirma o que nos viñamos cheirando dende hai un tempo. os madrileños, como xa non caben en madrí e xa foderon as praias que lle quedaban a man a base de urbanizacións e chiringuitos, veñen agora a tocarnos o carallo e a paisaxe á costa da morte. quen envía o correo compara esta desfeita co desastre do prestige e fai un repaso da situación actual na zona de carnota e lira. a verdade é que dá medo pensalo, pero vaian facéndose á idea porque non queda outra. somos unha terra barata e desprotexida, pasto ideal para chalés, urbanizacións, e ata campos de golf, coma o que o alcalde de cee ten pensado facer para os miles de aficionados golfistas da costa da morte.
déixovos aquí parte desa carta para que o pánico cunda, que non é para menos. e se a alguén lle queda algunha dúbida, que vaia dar unha voltiña a fisterra e observe que ben se dan na recta da anchoa o ladrillo e cemento típicos da terra do "ti vai poñendo placa e despois xa se verá":

Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.
Exemplos:
Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).
Exemplos:
Lira: perto de mil apartamentos.
Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.
O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador).
Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin sequera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid.

e digo eu...non había unhas placas tectónicas aló embaixo? e non se podían ir movendo para facernos illa dunha vez por todas? e se iso non ocorre...arredemo! haberá que evitalos, a toda costa.

13 comentarios:

Olves dijo...

Por las calles resecas de Mandriles llaman la atención últimamente los anuncios de inmobiliarias que empiezan a desviar la atención hacia Galiza. Es así (incluso el otro día vi una publicidad horrenda de no-sé-qué urbanización del golf llamada Rianxiño).

Treman, señores, porque una vez puesto esto en marcha, es peor que el cancro.

Sólo cabe esperar una hecatombe que convierta esto en un agujero lleno de agua (ya saben, eso de la playa de Albacete).

Lo siento.

Marinha de Allegue dijo...

Da pánico tanta desfeita!!!.
As inmobiliarias están copando toda a costa.

Unha aperta.
:)

bandini dijo...

este es el país de los problemas sin solución, aquí funciona mejor que en cualquier otro lado la ley de Murphy.
en cualquier caso el problema me parecen los especuladores a secas, no de dónde son.
milladoiro, o grove, sanxenxo, portonovo son ejemplos de destrucción de galicia por parte de gallegos, amén de que los que venden saben perfectamente para qué venden.

saludos

Darío dijo...

Este Regueira manda uns mails,q cando os les da medo pensar o q esta a suceder no pais.Eu nom tenho blog pero ja o colguei em varios foros

HOAX dijo...

manda carallo, ainda anda a dar voltas por aí ese mail, foi soltado en abril... e como bule!! interesante a nivel de cibersocioloxía.
A situación na realidade non é tan alarmante como parece no texto, non é tan alarmante como en Fisterra, entre outras cousas porque o Concello de Carnota xa ten tomado medidas.

Pepé dijo...

Por cierto señorita, mucho criticar los chaléts (que obviamente usted como buena titiritera no podrá comprarse nunca) pero el "galpón-pendello" que ilustra la cabecera de su blog tiene toda la pinta de ser ilegal y además estar invadiendo la zona de costas. Por cierto, póngale usted precio al nombre de su blog, me gusta mucho para una promoción de pareados que voy a construir en el Cabo de Corrubedo, ahora que los de los pececitos lo dejan libre. Gracias

mariademallou dijo...

direille señor pepé que o galpón que ilustra a cabeceira do meu blog é unha construcción bastante antiga desas que se empregaban para gardar as chalanas. está situada no ancoradoiro, que como vostede saberá era unha antiga fábrica agora recombertida en lugar de acampada. efectivamente está preto da costa pòrque construír este tipo de galpóns a quilómetros do mar non tiña muito sentido pois habería que cargar as chalanas varios quilómetros terra adentro e iso é absurdo. se vai vostede aló e visita o lugar fixarase que non é tan discordante coma unha construción moderna. entre outras cousas porque leva centos de anos aló.
valeu?

mariademallou dijo...

e por certo....se eu quixera mercar un chalé mercábao sen máis, que para iso están os bancos que che prestan os cartos. hoxe en día nin sequera é preciso ser millonario para iso, fíxese.pero por sorte nin o preciso. temos unha preciosa casa en mallou que levantou meu avó co esforzo de muitas campañas de mar que lle da mil voltas a calquera chalé de contrachapado.

bandini dijo...

con dos cojones titiritera...

mariademallou dijo...

;)

Darío dijo...

Maria eres titiritera? e eu sem sabelo a proxima vez q che veja ja me faras umha demostraçom.
Pepé nom sei q tes conta ese gremio,probabelmente todos os q se adicam a eso som mais honrados ca ti e q eu.

mariademallou dijo...

ben, son medio titiriteira en realidade, pero iso...é unha longa historia que merece un par de cañas frías e unha tarde por diante.
saúdos!

Anónimo dijo...

parece que hay un morno repunte da industria turistica pola zona. fanse alguns apartamentos, e unhas poucas plazas hoteleiras. ó abeiro do minimaná do turismo rural, @s paisan@s alugan na rede as suas casas baldeiras para xulio e agosto. e hai demanda porque enchen. as reservas botan fume.

pero non seremos a nova marbella gallega. o chan e mui caro e o tempo malisimo. somos porta de temporales atlanticos. acordas aqueles cinco meses seguidos nos que non fixo nin un raio de sol? malo. mui malo para a cabesa.

sobran poetas e faltan emprendedor@s. se nos vrans vai haver uns cantos madrileños mais por acó,preguntemonos que pode ter eso de positivo.