21.8.06

bálsamo viñetas

como bálsamo fun ao viñetas. juan rulfo levaba días resultándome demasido escuro para o ánimo deste agosto, así que improvisei unha lista de lecturas que me deron a vida.



o que máis me sorprendeu foi la perdida, de jessica abel. foron ela e o seu editor quen me convenceron para que me gastara a pasta que vale a preciosa edición de astiberri, primeira tradución da autora norteamericana ao castelán.
la perdida é o relato dunha rapaza de chicago que chega a méxico movida pola idea de seguir a pista do seu pai mexicano e pola admiración a frida, e das cousas que alí lle pasan. unha historia sobre a relación de carla, a protagonista, con méxico, cos seus compatriotas, e co seu propio país. ao mesmo tempo é un paseo pola cidade de méxico df.
boa lectura para engancharse uns días.



corazón de tormentas, de rubín, un experimento flipante, 24 páxinas en 24 horas. pero tamén unha historia sobre partirse, perderse e dubidar contada como unha travesía con dragóns e illas entre a néboa. tamén estreou a edición galega de onde ninguén pode chegar.




píldoras azules, ademais de un título chulísimo é un relato sinxelo sobre o amor, album de frederik peeters que narra a dunha a modo autobiográfico, o amor dunha parella na que el fai cómics e ela ten sida, igual que o fillo pequeno dela.
moi bonita de ler polo enfoque sobre a realidade do tema e porque ten escenas preciosas, como na que el lle conta porqué a quere.

frederik peeters era outro dos convidados ao viñetas, aínda que desta vez non me fixo falta convencerme para mercar o libro, ao que lle tiña moitas ganas.


de volta en galiza merquei capital, un album de relatos arredor dunha cidade chamada desa maneira. con visións de varios autores galegos a través das historias de distintos personaxes. alfonso vicente rey, álvaro lópez, david rubín, diego blanco, hugo covelo, jandro xesteira, sergio covelo e kike benlloch traballan no asunto.

a todo isto engadinlle outras novidades polacas, como o barsowia8 e o barsowia en llamas, unha antoloxía do fanzine do n1 ao 7. a conclusión foi que abandonei por uns días el llano en llamas. e prestoume.

11 comentarios:

Arale Norimaki dijo...

Vaia, vexo que o Viñetas foi un bálsamo para moitos... Eu tamén lle botei ó dente ó Pildoras Azules e a un par máis para desatragantarme algúns textos opacos...sorprendeume moito a naturalidade do relato e das personaxes, sobretodo polo seu cariz autobiográfico...

diablito dijo...

gracias chiqui.

d.

kike dijo...

mimadrinhaquerida juan rulfo som palavras maiores! :) espero que voltes a el asinha, agora que já cumpristes sobradamente cos que narram com algo mais que com palavras. tens a nossa permissom oficial. "No sé para dónde; pero tendremos que seguir, porque aquí estamos muy cerca del recuerdo y del remordimiento de Tanilo". ...reGLUBS!

TXARI dijo...

vinhetas e teatro, a vida sonche uma morea de vinhetas e teatros...

Mr Tichborne dijo...

e que ler "el llano en llamas"... neste verán resulta case que de humor negro!
a cultura sempre é un bo bálsamo.

mariademallou dijo...

grasias por me dar o permiso de voltar a juan rulfo ;)

sara jess dijo...

paseino juai!

axudoume a entender algunhas cousas estes días por aí...

um beijo enorme que che coma.

mariademallou dijo...

alégrome ghuapa!vir pola costa sempre é enriquecedor...hehe. eu tamén o pasei mui ben. volve pronto

R.R. dijo...

Non deixes "El llano en llamas" para sempre, ¿eh?

Volve intentalo e serás recompensada... ;-)

Mr Tichborne dijo...

Acabo de ler as Píldoras Azuis e encantoume... mellor para ti, porque se me decepcionase reclamaríache os 16€ ;)

mariademallou dijo...

está mui ben ese tebeo.