10.8.06

o país da conspiración

chama meu pai con voz de pésame e falamos de brens, gures, dumbria, baio, toba, montelouro, brión, compostela....unha lista de nomes interminable que se cravan coma navallas. ao lado das casas, detrás da gasolineira, na baleeira, nos repetidores, ao lado do aeroporto, que están as estradas cortadas....non paran de chegar mensaxes coma esquelas anunciando que ardeu xa este ou aquel lugar onde algunha vez estivemos á sombra das tardes deliciosas. parece unha desas películas americanas nas que todo se conxuga para a fin do mundo. aínda que non creo que do maxín de ningún guionista de hollywood dese saído trama tan cruel.
por moito que colla o coche con ánimo de escapar, facer cen quilómetros en calquera dirección é desolador. deixa a un sen palabras e cunha rabia no peito que arde como arma de fogo. este sentimento xa o tiven unha vez. cando o do barco. daquela, coma hoxe, perdemos todos e se alguén cre que gañou algo é un fillo de puta, un desalmado, un tramposo, alguén non grato para mariademallou, porque hai outras formas máis limpas de xogar para ganar.
así, co ánimo devastado, en quilómetros mordor, vendo fumegar a terra que me pariu, releo o que escribín hai un ano e dous días, cando esta orquesta de atentados era algo impensable. daquela suplicaba aos ceos para que chovera, para que arreciara, para que as nubes chorasen por nós o que non soubemos defender coma humanos. e xa de paso, para que rodasen cabezas no sentido metafórico da expresión.
agora só penso en cabezas ensanguentadas, sen metáforas nin hostias. e como non son quen de escribir nada máis axeitado - porque a rabia me consume e só me saen insultos, enunciados de odio e cousas peores, crueldades impropias ata de min- fago por transformar todo este cabreo enerxía. porque ha de facer falta muita para saír desta.
que difícil é ser cidadán así... sempre cabreado

7 comentarios:

osondaxordeira dijo...

Manifesto,lido no Museo do Pobo Galego EN DEFENSA DO NOSO MONTE

Os escritores e escritoras galegas queremos mostrar a nosa indignada dor
diante da agresión criminal que esta a sufrir a nosa terra, a natureza de
noso que alimenta e é alimentada pola vida. OS ESCRITORES E ESCRITORAS EN
LINGUA GALEGA QUEREMOS ERGUER A NOSA VOZ EN DEFENSA DO MONTE GALEGO.
Porque no noso monte os escritores e as escritoras ollamos e vemos
reflectido o transcorrer da nosa propia vida, quen fomos, que somos e cara
onde imos, foi por isto que incorporamos ao noso himno nacional a súa
arpada voz de ser vivo. É por iso que o defendemos coa palabra. Porque a
saiba verde, o verde sangue do monte vizoso, ao longo da historia, nos
construíu, alimentou e fixo cidadáns libres.
Queremos un monte no que habite o carballo e faga o niño a rula e voe como
un ventiño leve a vacaloura, un monte que nos axude a medrar e ser mais
humanos. Queremos un mundo rural de novo habitado, onde o neno soñe nos
soutos mundos pantasticos e o outono pouse a súa dourada luz nas secas
follas, pois o seu abandono foi parello ao abandono da nosa lingua e á
perda das nosas raíces culturais e á caseque desaparición da nosa cultura
de tradición oral.
Denunciamos aos usos interesados é á manipulación criminal do monte, que
alenta como un dos seres vivos máis antigos e grandes do planeta para
regalía nosa.
Denunciamos ao agravio amedrentador con que as tramas criminais que
prenden lume nos asexan desde a covardía, do antefaz das sombras da noite,
da miseria humana que só busca facer o máximo dano posíbel, desestabilizar
socialmente e coa máxima visibilidade publica.
Queremos mostrar o noso apoio á xente ao noso povo que está
a ser sitiado de xeito criminal polo lume e que se esta a defender mesmo
coa propia vida. Sentímonos orgullosos do noso pobo que se nega a ser
derrotado, que non se sume na impotencia á que nos queren condenar.
Quérennos derrotar hoxe para seguir a derrotar un devir de cidadáns libres
na construccion da nosa historia.
Denunciamos ao egoísmo depredador de quen apenas valora o monte en números
cadrados e redondos apoiados pola política forestal suicida do pasado,
incapaz de mirar mais alá do beneficio económico inmediato.
Denunciamos a quenes no pasado non acreditaron no medio rural e impediron
a creación de industrias do agro e do gando propias, apoiando o abandono
do medio rural.
Apoiamos as novas políticas preventivas. Apioamos as medidas cara unha
nova planificación territorial , cara a unha nova política forestal , cara
á recuperación de condicións dignas para o noso medio rural, cara á
incorporación dos mozos e mozas á actividade agrogandeira e forestal, así
como a potenciación do carballo do castiñeiro, da aciñeira, e o novo
aproveitamento do toxo, da xesta, da carqueixa, da urz
Apoiamos e apoiaremos sempre aos medios de comunicación que dean unha
imaxe de prestixio do noso medio rural cunha lingua e unha cultura de
noso.
Queremos mandar mensaxes de apoio ás equipas que están a traballar ate a
extenuación e á nova administración galega que está a traballar
honestamente.
Denunciamos a quenes están a atacar infraestruturas estratéxicas creando
un verdadeiro estado de sitio sobre poboacións e persoas.
Nun momento no que se quere derrotar á sociedade galega , no que se lle
quere mandar a mensaxe de que lle retire o seu apoio ao novo goberno
lexitimo de Galiza, denunciamos a quenes , en situación tan dramática,
queren sacar beneficios políticos facendo unha oposición desleal e
fraudulenta.
Diante diste terrorismo criminal aplaudimos a unidade das galegas e dos
galegos e situámonos ao seu carón como colectivo a prol da defensa do
monte, con eles, que novamente demostran estar ao fronte dunha causa
xusta: a causa da dignidade do noso pobo

osondaxordeira dijo...

De todos xeitos, unha comeza a estar cansa de ter que denunciar sempre coa palabra...

NO MORE DRAMAS!!!!

Olves dijo...

Hola.
Llegué ayer a Mandriles desde Padrón. Han sido unos días jodidos, porque aunque estuvimos viendo a la familia, el infierno en que esos traidores han convertido vuestra tierra (y yo la siento también un poco mía, pa qué mentir, que siempre se me acogió con cariño) hacía difícil cualquier sonrisa.
Sólo pudimos estar cuatro días, pero en breve espero poder ir a escarbar el monte y a plantar carballiños o lo que me digan.
Ánimo y apertas.

satine dijo...

Cada día lle dou máis a razón a from hell, ó final teremos que sair as rúas a defender con sangue o que a palabra non puido, e asi a pouca inocencia que nos quedaba arderá coma este inferno que nos rodea.

From Hell dijo...

Amén!!!

unodevalluli dijo...

osondaxordeira va de escritora por todos los blogs del mundo entero y no tiene ni idea de nada, excepto de grandes mamadurías por el mundo alante.anda ya!

estibaliz... dijo...

ola, maría, chego a ler o teu blog un mes despois de todo isto. "Que as nubes chorasenn por nós o que non soubemos defender como humanos."

pero qué pedazo poeta que es, carallo, e cantas ganas de coñecerte ten un pequeno tipo calvo chamado Yare...

e así, a criatura mecánica que neste momento quítalles o verde a unhas fresas que vai comer no Acto Seguido, despide de ti... Biquirmas