31.8.06

os teus ollos nun poema


a mirada do doutor, que fora azul

-así o ceo das infancias, o verán,
o tacto das areas baixo a auga-

tan prendida do horizonte,
sempre sobre as escuras augas de armark,
tomara, en poucos anos
a cor irreparable do fume,esa
das pérdidas inclementes.

tanto,
que alicia non resistía a despedida.

e aprendera
maneiras de sixilo para fósforos e aceiteiras

así como o número exacto de pasos
que levan ao alto da torre

-en tempos coñecida
polo seu prodixioso cristal freshnel-

e alicia coa punta dos dedos
atopa a primeira das tres cordas,
polo seu tacto lene de luz de oliva

-ritual este que aprenedera
dos xestos do seu amante-

e silenciosa
aquela luz de exacto pestanexo
era quen espertaba ao doutor demasiado tarde.
cando xa os ollos tristes do tren
deitan estrelas baixo a ponte.

18 comentarios:

oko dijo...

cres que irremediablemente todos acabaremos coa cor do fume nos ollos???

mariademallou dijo...

non, todos non...
ademási, isto non é máis que un poema ;)

From Hell dijo...

moi barroco... moi chulo...

mariademallou dijo...

barroco?! vaia...non sei se tomalo coma un halago ou... ;)

martamera dijo...

Desde a Oliveira agardamos pola nosa Alicia particular para tomarlle a merenda...
O fume...fagamos un conxuro
Bicos mil

Águia de Cartago/Kurdistán dijo...

Non ten nada malo que sexa barroca, aínda que é certo que a min me parece máis neodecadentista, do estilo de certos videoxogos (myth) e de certos animes (o castelo ambulante). Porén dá gosto ver como evolúen tan gorentosamente os estilos. Segue a traballar, curriña, aver se nos agasallas con algo realmente fermoso.

Lanceiro de vadebois dijo...

Ler este poema, asi de repente, tal e como abriu o blog, emocionoume. Deille unha segunda lectura e gustoume. Invita a desentrañalo.
A casa atlantica que descobrin hai ben pouco eche divertida e interesante.
A persoa escribidora de poemas non ten que preocuparse de estilos e tendencias, eso ven despois en todo caso. A persoa lectora de poemas ten que que abrir os ollos e a mente, darlle valor a propia perspectiva e deixarse levar polo camiño que define a persoa escribidora de poemas.
Se a persoa lectora sinte, e sinte ben. O poema esta ben. Preocuparse de estilos en todo caso ven despois.
Digo eu sen pretender contrariar a ninguen.
Un saudo.

Anónimo dijo...

deixadevos de ostias e falemos de cousas reais ,visceralidadessssss.da carne do sufrimento da merda que cheira,do exilio opcional do carallo.....mierda de vida ,e o digo en
castelan porque asi o sinto.podiamos suicidarnos todos.....o poema mais perfecto e a verdade,non as caretas e adornos......estou moi raido con todo e non de coca precisamente

Anónimo dijo...

POR SERTO SON BORJA QUE CARALLO...A VER SE AHORA VOU TER QUE ENSINARVOS A ESCRIBIR....MANDA CARALLO NA HABANA

Águia de Cartago dijo...

Home, non serei eu quen estea en contra de escribir sobre a merda que cheira ou o exilio opcional do carallo, pero o certo é que poñer a realidade palpable por riba de todo tampouco é unha opción demasiado acertada (a non ser que esteas podre de cartos). Tanto a realidade como a irrealidade teñen as súas faces positivas e negativas, aínda que é certo que as segundas gañan sempre por goleada. Na irrealidade non hai merda que cheira, pero hai outras cousas equivalentes. Non hai que valorar tanto a realidade, calquera día descubriremos que non é máis que outra moeda falsa.

mariademallou dijo...

hehe...vaia debate...
non exaltarse, a poesía non é máis que unha maneira de entreter e escapar...

Anónimo dijo...

NO KURDISTAN KERIACHE VER EU A TI...ILUMINAD@.NO BARROCO DE QUE SE FALABADAS FADAS DE MEDIA NOITE..NOOOOOOOON.DA PUTA REALIDADE....E AGORA NON ESTAMOS NO BARROCO NON.ESTAMOS MUITO PEOR...AINDA QUE AO MILLOR TI ....NON......
ENCANTANME OS TODOLOSE.
FIRMA:BORJITA,ITA,ITA

BOOOOORJA dijo...

OISTES MARIA!! HOXE COMIN UNS XURELOS E CHEIRABAN DE ADOBESER,MAIS NON ME PRESTARON POLOS SINCO EUROS QUE ME JODERON.....O PEOR DE BARSELONA E QUE O PEIXE E MUI CARO.
TAMEN HAI MAR.....DISQUE!!!

Águia de Cartago dijo...

Pois nada, abaixo o barroco do kurdistán, e vivan os xurelos (aínda que sexan cataláns, aggg...) Pensei que para comer peixe malo chegaba con ir a Madrí.

pipi das meias altas dijo...

A mín me parece que eso do estilo inventarono a xente de filoloxías que coma non sabían facer poemas tiñan que encontrar maneira de xustificarlos e así parecer uns xenios de carallo mentras todo dios dicia que si que eles serían os mellores, os mais entendidos en fulano de tal. Pa mín, con tal que se escriba con gusto, me da igual que sexa barroco o decadentista o neorealista, o se gusta ou non, o demais son chorradas. Agora escoito a José Feliciano que eu sepa non che ten poesia escrita pero canta co a certaza de haberla escrevido, asi lle vai!
A Borja: En Portugal, aqui mesmo donde vivo tamén che hai peixe malo de carallo e caro, pero cando atopas uns xureliños bos, dá gusto! Un bico da portuguesa pa ti e pa dona do blog, clar está!

Anónimo dijo...

brbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrbrttttttesadecoloresdeformadasoportunamentetrasdesicorreelcollotemalvadodesantiagoelmayordespañacañitabrava

Jesús Malia dijo...

Pipiri pi pi pi pi, pi pi pí.

mariademallou dijo...

ola jesús!