19.9.06

poetas e virxes

fomos as tres a combarro.levamos a cuqui con nós. alí a tarde de poetas xuntou voces, música e tres portátiles. Conversas entre xente que comparte pequenas cousas, palabras, historias. recomendacións da antoloxía rota de león felipe e pequena reflexión sobre grandes dogmas da informática. risas.

é bonito atoparse os domingos así, volver verse, escoitar.
a metade de recital, procesión da virxe dos dolores, con viraxe na praza e banda. todo moi divertido.
temos fotos

;)

8 comentarios:

Matías Bruñulf dijo...

Bonitas fotos.

mariademallou dijo...

gracias. a tarde prestábase

Mario dijo...

De todos xeitos a historia dese festival quedou marcada para sempre despois da actuación de Roi do ano pasado. Todos somos sobriños de Manuel Antonio!, que pasa? Roi, Combarro nunca volverá ser o mesmo despois diso.

Anónimo dijo...

a última vez que levo o traxe de flores, xúroo por cuqui. A procesión de costumismo máxico, variando a ssara, e os foghetes, non plus ultra. Como sempre, o mellor da poesía son os pinchos.

Lúa Neghra dijo...

Que bonita é a Ría que me veu nacer, se non estivese infestada de ENCEirrados en contaminar! Alédome de que o pasarades ben no meu Poio. eu fun hai anos ao recital, e lembro flipar con Elvira e Ramiro Vidal Alvarinho. Pena non vervos este ano :(. Outra vez será! Bicos, "poetas de mierda". "Tanta metáfora y tan poca vergüenza", hombre ya.

mariademallou dijo...

mario, cóntame con calma a historia de roi, porque me ocultas esa informasión?
a presesión, unha xenialidade, e poio éche bonito bonito, se a metade dos lugares que algún día foron se conservasen así, a min xa me valía.

mariademallou dijo...

aghora ben, a ver se poñemos de moda os resitais nas churrasquerías, para dedicarse á tallada en serio. que tanta empanada e croquetas...
;)

ledicia dijo...

non o digas de coña que non é mala idea o de facer unha churrascada-recital. vouno meditar. pero sen procesión, por favor!