20.10.06

na terra de daudet

mentres a enfermidade consumía a alphonse daudet, na pouca lucidez que a morfina lle regalaba, escribía notas sobre a dor e as noites en vela. era xa un escritor célebre que recibía contadas visitas dos seus compañeiros e vía a súa figura esvaecer e retorcerse.
tomo o libro e métoo na maleta. releo as primeiras páxinas. é facerse dano por facerse ler algo así con estes días grises de horizontes de tempestade. aínda así, envidio as doses adormecentes de daudet.

outras dores nada as calma. nin chocolates nin galletas nin gominolas.

3 comentarios:

Mario dijo...

pero muller, vaia lecturas que escolles!!! esas cousas para o verao, co soliño e a praia, que parece que o fan todo menos, con esta choiva hai que ler outras cousas.

mariademallou dijo...

pois a ver, listo, recoméndame ti algo alegre!!!
;)

Mario dijo...

Penseino moito. Que tal algo de cummings? É un ponto intermedio entre a intrascendencia lúdica e un sentido intenso e fermoso. "aínda que o amor sexa un día e a vida non dure nada, non deixará de bicar" ou "ninguén, nen sequera a choiva, ten as maos tan pequenas"
Tamén Auden sería unha boa escolla, aí o cotián é o que se enche de trascendencia. Ten unha serie de poemas á casa onde fai unha homenaxe ao seu propio retrete, e ademais quédalle fermosísima. "Un poema non escrito" tamén é un libro fermoso onde intenta describir o amor que sinte polo seu amante entanto agarda que chegue.