29.10.06

para os que viaxan

para os que viaxan un libro de kavafis, unha novela sobre osiños, unha chamada perdida , unha libreta en branco para escribir todo o novo, un sorriso grande para botar man del cando as cousas se poñan de morriña, unha maleta cargada dos mellores desexos, unha canción alegre que acompañe a aterraxe, un anaquiño de papel cheo de plans para os primeiros días, unhas zapatillas que quenten co calor da casa...

aínda que para viaxar, abonda cun plano do mundo enteiro que se abre entre as nubes.
;)

13 comentarios:

bandini dijo...

que guapamente en hidroavión.....

nenodanorita dijo...

Unha Dornier Do-X ! debo ter polo menos vinte imaxes desa hidrocanoa, ademáis dunha maqueta dela na casa. A mellor, un luxo romantico dos anos 30.
Perdón por sairme un pouco do tema.
Unha apreta ;-)

Ro dijo...

A min pra viaxar as veces chegame cun atlas, sempre me conformei con pouca cousa.
Unha Dornier Do-X! procurarei non esquecelo, ainda que eu preferiría viaxar no DeLorian de Mcfly

mariademallou dijo...

vaia...entendidos en aviación...nin sequera sabía que era dos anos 30. aghora ghústanme máis ;)

mariademallou dijo...

nos atlas viáxase mui ben
;)

osondaxordeira dijo...

Mándoche un bico de viaxe longa.

oko dijo...

eu quero viaxar así. nunca me atrevo

Mr Tichborne dijo...

o da libreta en branco é moi importante, sobre todo se se leva no peito adentro

sara jess dijo...

hainos que se pasan a vida inda a lugares sen pasar por eles, e logo están os que sen moverse a penas é como se entenderan o mundo enteiro con só imaxinalo.

mariademallou dijo...

os primeiros véñenche sendo os que na miña casa se di que pasan polo mundo pero o mundo non pasa por eles.

Laurindinha dijo...

Un libro de Kavafis... que suxestivo...

Colectivo Literario Sacou dijo...

Perdoade pola intromisiom:

O COLECTIVO LITERARIO SACOU (8 anos) está dando a conhecer a sua nova web, onde poderedes disfrutar de textos dos seus membros, historia e historias do colectivo, noticias culturais, revista cultural, libros, etc, etc...

O blog em questom é o seguinte:

www.sacou.blogspot.com

A Raíña Vermella dijo...

Gústame a idea do "diario de viaxes" ao xeito do século XIX, aínda que eu ultimamente fágoo coa dixital, sacando fotos a todo en plan xaponesa posesa :p pero non é o mesmo. Un biquiño virtual.