14.11.06

amigos do café, a caña e a laretada

este sábado, que cae a dezaoito de novembro, celébrase o filocafé proposto polas xentes da incomunidade e a corporación semiótica galega na localidade de rois. o local escollido para tal evento é o café as palmeiras, situado enfrente da casa do concello, e o lema que nos levará alí presenças, essências, ausências.
para quen descoñeza de que vai o asunto dos filocafés direilles que haberá café, literatura, teatro, videocreación, performance, conversa e que caerán algúns licores. non o dubiden.
a partir das nove da noite xa poden pasar a coller sitio.

9 comentarios:

sara jess dijo...

vémonos alí, nena (i don´t have mancontro utilitable, but i am here)

chámote venres.

smuac!

mariademallou dijo...

eu chegharei tarde tarde...xa che contarei

Mario dijo...

Boh, outra cousa adivertida á que non podo ir. Que sorte tedes carallo.

Ro dijo...

Pois si que ten boa pinta, pasadeo ben...

Avogado Do Diaño dijo...

eu continuo na miña prision catalana, buaaaaaa

mariademallou dijo...

mario, vente anda, non sexas parvo...
e aos que estades na diáspora... disfrutade do mundo ;)

pipi das meias altas dijo...

Que ben sona!
Xa me gustaría a mín sacarme da casa e ir a tomar uns licores con vós. Tómate un licor literário por mín!
un bico jrande

osondaxordeira dijo...

Mágoa que non nos vexamos alí. Ou sí....
Bicos na caluga, mariquiña.

TXARI dijo...

muito che justou falar sempre!!!!, que bo que de tantas lerias saian coisas tan boas!!!!falar é bo, calar tamén, escriver, o milhor!!!! uma aperta