29.12.06

antes do ano rematar




pois iso. que cuqui e eu, que somos moradores desta casa aberta, queremos mandarvos un bico do tamaño da fosa atlántica que se estampe sonoramente nas meixelas de aqueles que nos visitades en silenzo ou en voz alta. de non ser por vós esta casa estaría sempre coa porta pechada e as contras botadas. agradecidos pola compañía.
e ese mesmo bico que aperte forte aos queremos irremediablemente, aos que sempre nos acompañan e nos cuidan.

pasádeo ben. coma reises. e volvede co novo ano pola casa. que o día catro facemos unha festa ;)




7 comentarios:

oko dijo...

un bico aínda meirande pra ti!!! gracias por ter aberta a túa casa un ano máis!!!

mariademallou dijo...

de nadas ;) rendede os últimos días do 2006.
chinchin!

paideleo dijo...

O sentimento é recíproco: un bicazo de Aninovo.

Laurindinha dijo...

Feliz día de San Silvestre... e que non pechen as contras... que Cuqui quere ver a luz... Bicos!

mariademallou dijo...

graciñas! non o faremos;)

besbellinha dijo...

chinchin! xa me tarda estrenar ano novo. Un bico :)

Marinha de Allegue dijo...

Unha aperta de Ano Novo.
;)