6.12.06

parabéns ;)

xa poden consultar as listas de premiados do certame de poesía gzcrea e ver se entre os tres gañadores ou as tres mencións hai algún coñecido de vostedes ;) eu alégrome de atopar os versos de aldao baixo un título así e congratúlome só de pensar nas cañas coas que o celebraremos.
e sorrío tamén ao ver o xurado disfrutou os versos de ledicia costas, alberte momán e verónica martínez. parabéns tamén para brais martínez, que resultou terceiro premiado e a josé antonio cascudo, primeiro premio co seu manual do misántropo.

;)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

cañas, claras, cubatas, riberas del duero, pedros ximénez, barrantes, lk lk lk...
"así" de bicos de lu.

Mario dijo...

E vanse publicar todos eses? Porque eu xa devezo por ler algo da Aldao en formato libro.

mariademallou dijo...

pois non estou certa, creo que farán unha publicación conxxunta como a que se fai do premio de narrativa. pero como é a primeira vez que o convocan a verdade é que non sei que pensarán facer. de calquera maneira podes ler algo de aldao en formato libro, e ben bonito, publicado pola seoane. trátase dunha colaboración cun fotógrafo, que se chama unha ducia máis un, e que son poemas escritos para as fotos.

Anónimo dijo...

Olá, no centro sociocultural e xuvenil do Ensanche en Compostela estamos a organizar unha xornada sobre bitácoras para o 13 de xaneiro.
Queremos abordar diferentes propostas do que se está facendo en diferentes campos e tiñamos interese en contar contigo para falar da túa experiencia na creación literaria, na combinación fotografía texto, etc.
Como non sei doutro xeito remito esta mensaxe desde a bitácora.