15.12.06

a primeira obra de arte



durante a miña curta estancia en barcelona e animada por helena e llito, magníficos anfitrións e mellor xente, fíxenme coa primeira obra para a futura pinacoteca . o cadro , que chegará despois de nadal, é unha pintura de llito e a súa terceira venta ;) así que me sinto aínda máis ilusionada de telo mercado. é a primeira vez que merco un cadro.

se queredes saber entre cales escollín, podedes ver a pintura de llito na rede, no seu blog, polo que podedes navegar varias páxinas sobre barcelona, animación, música e pintura.


o cadro gustoume dende a primeira vez que o vin. eu nel imaxino un coello gordo de orellas longas que intenta agocharse sen conseguilo detrás dunha flor. pero está quieto o cabrón do coello, pensando que ninguén o ve.


;)

11 comentarios:

sarijess dijo...

ghústame o cadro, e a nova cabeseira do bló.

verémonos antes da fin de ano?...

mariademallou dijo...

gracias, o cadro é mérito de llito. a cabeseira aínda non é máis que un ensaio...a ver como queda.
si agardo que nos vexamos antes da fin de ano;)

Mario dijo...

si que aprendiches cousas en barcelona, o deseño novo do blô é moi chulo.

satine dijo...

está ben o cadro un primeiro paso para a túa nova colección de arte. ¿e ese cambio de estilo? estás moi creativa ultimamente.

mariademallou dijo...

ando dándolle voltas as ferramentas da versión beta, a ver que sae ;)

mariademallou dijo...

mellor a imaxe de cabeceira ocn borde,verdade? que dicides?

agora vou ver se son quen de meterlle un fondo a isto....

saudiños!

paideleo dijo...

Non esta mal o cadro.

Marinha de Allegue dijo...

Gústame a compra que fixeches e a nova estética.
PARABENS!!!.

Unha aperta.
:)

mariademallou dijo...

grasias;)apertas de nadal para todos. sexan malos, para desconcertar aos reises ;)

Deposito dijo...

Ei... Quedou moi ben a nova cabeceira do blog.
E o cadro tamén me gusta!

bandini dijo...

es bonito sí...