31.1.06

barsowiaº7

así de tremenda é a portada de diego blanco para o número 7 de barsowia, que xa chegou dende polaquia ás vosas librerías . este número conta con colaboracións de autores galegos e xentiña invitada dende portugal, francia, estadosunidos e alemania.
as historias polacas que podedes atopar desta volta están feitas por louisbertranddevaud, manel cráneo, kike benlloch+javimontes, david rubín, susa monteiro, jose domínguez, brais rodríguez, javi prieto, hugo covelo, raquel méndez+carlos arrojo, michael bonfiglio, roque romero, diego, maria körkel, paulo monteiro e kike benlloch+sergio covelo...

setenta e oito páxinas en b/n polo módico prezo de tres euros!!!

moi recomendable para os rigores invernais e as épocas de exames. tamaño ideal para levar dentro do mapa sociolingüístico de galiza ou calquera outra publicación sesuda.

meixide315

na primeira ultranoite do ano a nasa parecía londres nun dos seus - supóñolle eu- húmidos invernos. para os que non asistiron direilles que a golpe de sábado quedou un espectáculo moi xeitoso, con arredor de 20 números do máis diverso entre os que había cousas moi divertidas.

un dos mellores momentos da noite, sen dúbida, foron os minutos de gloria do amigo meixide. o seu número consistíu no recitado dos 315 concellos do país por estricta orde alfabética. algo glorioso.

e dirán vostedes, que mérito ten iso? pois saiban que o complicado do asunto non é aprendelos de memoria e largalos sen máis, senón conseguir que a xente escache coa risa, porque, ao fin e ao cabo...que carallo nos facía tanto chiste?

a mente humana é un misterio insondable. ti meixide, eres un xenio.

anímate coas parroquias, meu.

27.1.06

5manías5



manía: gr.-lat. mania. s. f. (1) loucura parcial caracterizada por ter unha ideia fixa (2) gosto excesivo por algunha cousa. (3) obstinación. (4) costume excéntrico ou ridículo.

as miñas cinco manías:
1. non estar nunca quieta. sempre sansanicándome, como di miña avoa.
2. nunca tomar todo o líquido do vaso, deixar sempre un par de dedos no fondo (para os camellos dos reises magos;)
3.botarlle auga aos cinceiros antes de marchar da casa ou de irme deitar. e tamén ao caldeiro da basura. e ás veces castigalos no patio.
4. facer listas de cousas. escritas ou mentais. das cidades que visitei, dos libros dun autor que lin. esa clase de cousas inútiles.
5.escribir sempre en minúsculas e xuntar as palabras que me gustan xuntas.

os cinco escollidos para continuar son ascárida, bandini, paleón, estibaliz e ohqtordv

20.1.06

madrugar alizia




lendo ata tarde cousas bonitas.

18.1.06

unha trandeira para cesare ;)

era de supoñer que algún día tan delicado equilibrio ía escachar e cravarse invisible pola casa en mil pedazos de cristal . despois comezou a chover e os días a pesar coma plomadas e volvín ler a sylvia plath. preguntábame se alguén coma min podería meter a cabeza no forno coma unha maraghota, no caso de non ter un forno eléctrico. pero esa é unha pregunta estúpida.

despois puxen unha lavadora e mireina dar voltas un anaco. como exercicio de melancolía.

é incrible como as cousas máis parvas ás veces sacan a un da miseria. colguei a roupa e o lavado pareceume tan bonito, que me quedara tan organizado, que me sacou un sorriso e ata as ganas de tirarlle unha foto.
pensaba en sylvia. se en ingles non se dirá iso de que non hai mal que cen anos dure.
e despois pensei en cesare. e tamén no día que algún malnacido en pontevedra me roubou a maleta deixándome literalmente co posto. por iso lle rogo coa miña trandeira para que colla dela o que precise.

(recoméndolle o xersei verde da segunda fila, moi favorecedor.)

;)

16.1.06

fermosa varsovia



elena medel - lean os poemas do link...- escribe para anuciar que xa anda por aí o primeiro número da revista labellavarsovia, que ademais de outras perlas inclúe dossier de poesía galega.
longa vida á fermosa varsovia. miren que cousas lindas fan.
;)

13.1.06

pavel azul

pavel, de gemaypavel, coa súa guitarra sobre a parede azul. agora non o recordo pero digamos que sorrí porque así, coa explosión dos nenos cando celebran, é como eu o coñecín. que foi hai tres días e parece que hai trescentos anos que compartimos acordes e versos.
o cartel anuncia o concerto desta noite no avelasvir. o de onte, no pequeno salón do vagamundos foi unha velada familiar e xenial. pavel ademáis de gran artista sabe entenderse coa xente e disfrutar da música. recoméndollo. ás once xa estamos alí

10.1.06

un país anécdota



certamente este país de chiste que somos non sería o mesmo sen o concurso dos aduaneiros.
a que estades agardando para disparar?
;)

a rutina

xa o dicía chévere hai uns anos, a rutina é o deber de todas as criaturas. non queda outra. rematou o nadal con todas as súas lupandadas, convites e encontros e non me queda máis remedio que regresar, concentrarme dunha vez en estudar e facer as cinco prácticas que me separan do exame práctico do coche ( non, aínda non fun ao exame, e antes de que preguntedes direivos que levo 43 prácticas). iso e adicarme a esta casa que tiven tan abandonada en nadal...
aínda que me dixeron que fora a única, que outros había por aí que tamén fixeron vacacións.
tarefa número 1 para a casatlantica: actualizar os links....uf...perdonade se tardades en vervos reflexados na colunma da esquerda. todos sabedes que o dos links leva muita vontade e grandes doses de pacencia... un día destes....
benvidos á rutina. ánimo.

4.1.06

queridos reises... dous puntos...

eu este ano igual non fun moi boa pero se me ides traer algo que sexan bos amigos e mellores momentos. e para eles, a según precisen, un amor que os acompañe, unha ilusión que se cumpla, un día soleado no que todo saia ben, un segundo deses que valen por mil, unha canción que os faga sorrir, unha preocupación menos, un pouco de sorte, un abrazo...
pero todo con portos usb para poder pasalo entre nós e subilo ao mundo;)

agradecida, mariademallou