28.2.06

acordar bruxelas

bruxelas é unha cidade preciosa na que todo me soubo a recordo doutra viaxe. lamentei moito non poder facer vida virtual ou como diría maría, vida de internauta normal, para contarvos.
a función en bruxelas foi moi ben, co público cheo de galegos nun teatro precioso. despois andivemos a cidade de noite cun guía xenial, experto en cervexas, que aguantou do frío e de nós ata que o día rompía. non puiden visitar nada do que me recomendastes porque vin as mensaxes cando cheguei. valga que paseei o parque do rei, onde nos colleu o renganche e o día cervexa en man, vin as mellores vistas da plaza grande, que che vén sendo o obradoiro de alá, e estiven no chez toone, un bar onde programan títeres a un prezo excesivo para o meu entender. durmín pouco e comín menos, pero valeu a pena erguerse ás 9 para ver os tellados mentres mollaba o croasán no café tan malo que fan polo mundo adiante.
non touxen moito, salvo uns cantos megas de fotografías e moi bos recordos, mil direccións de meil de servia, holanda, bélxica e alemaña e moitas ganas de regresar a esta casa.
mañán toca andar amsterdam;)

27.2.06

na casa

volvín. o mundo é ben bonito.

21.2.06

au liége




esperto e neva tan amodo que parece que as nubes se desfianharan en minusculas particulas. estou en liége, belxica, de xira con pat o connor, e coma sempre os teclados me resultan estranhos, as tildes inencontrables e as letras movidas.
vou para o teatro en busca dun wifi que me saia apanhado de prezo para contarvos que fai un frio de dous pares, un horario rematadamente endemoniado, polo dia seguimos a hora belga e pola noite a galega, e que me vexo na obriga de roubar queixinhos do buffet de almorzo para sobrevivir a iso de cear as seis...
que bonito e ver mundo.

18.2.06

temporal



ás veces todo nesta casa chove,



e aínda que é precioso



o chan enfría que corta os pasos

13.2.06

músicas minúsculas

o nome púxollo o sr. hank, que ademais de un gran escritor é xenial titulista. e valga dicir aquí que a el lle debo tamén a metade do nome deste libro, que o saiba todo o mundo que lle estou ben agradesida.
músicas minúsculas é un invento pequeno para darlle algo de vida ao castpot. para min teñen algo de poemas, pero aquí cada un terá a súa opinión moi respetable. consiste en recoller as imaxes deses momentos fráxiles nos que sona unha canción e todo parece suspenderse como se ocorrese dentro da canción. non é moi fácil de explicar sen quedar de pedante ou chalada, pero tampouco é nada serio, así que non ten moito que explicar.
só un invento divertido.
aos bendecidos coa tecnoloxía dixital recoméndolles facer a proba.

9.2.06

un garito punk



madrugadas no inseminario, un garito punk que me abriron ao lado da casa... rosa e divertido.

7.2.06

recitreu en imaxes



aquí vos queda o recitreu nunhas poucas fotos, para que poidades verlle a cara aos poetas e aos colegas dos poetas que o xoves pasado brindaron no sitio da treu pola boa saúde do fígado da poesía galega.

2.2.06

os ollos do outro


un home que camiña mirando ao ceo no fotoblogsande. ese personaxe busca un autor, seguro.

gracias a quen me recomendou ese sitio para ver o mundo polos ollos de outro.