23.3.06

mensaxe para o cristal de atrás do forescor

acórdate ghilipollas, ti tampouco nasestes aprendido.

arremecághona!


esta noite pouco importa que chova a caldeiros para os destemidos fans de leo i arremecághona que nos podemos xuntar, alá polas dez e media, a tomarlle unha cañas no cachán- rúa dos loureiros- mentres escoitamos e berreamos clásicos coma suspiros de kaña ou a existencialista maldisión dos ghusanitos, exitos inmensos deste artistaso que fai algo así como...digamos.... punk de autor.
;)
para facervos as ganas de que vaides ver o poderoso directo deste home podedes escoitalo aquí.

22.3.06

había un peligro en la carretera....


...no me importaba porque era yo!
que xa teño carné e un forescor- non tan mítico coma ese- que esta tarde meterei no tráfico compostelán para ir ao teatro.
ándense con ollo e bótense á beirada.
despois non digan que non avisei, a ritmo de tío calambres.
;)

14.3.06

como hei de carpir

nestes días de décimas excesivas nos que a enfermidade me botou a man á gorxa aparquei todos os traballos- perdóname sechu, nin unha liña con xeito dicataban os termómetros- e entre ibuprofeno e ibuprofeno dediqueime á lectura de tanxerina,poemario de mario regueira, recentemente gañador do premio xosé maría pérez pallaré de ferrol e que en breve ha de publicar espiral.
igual foi a febre, quen sabe, pero viaxeino moito e moi bonito.
para mostra uns versos- amigo mario, descúlpeme o copiceibe que lle fago sen aviso- de fermoso comezo:

Tanxerina, como hei de carpir

(xa non hai rapaciños a quen poidas axudar,

e non farás nunca máis de viúva islámica).

A cidade derruba a túa historia sobre min

e ninguén me quere dar xa

té con menta, apertas,

sexo mercado. O solpor sobre

o Magreb é doce como o maxum

que nos facía vernos aínda máis fermosos.

(Coma doce de marmelo, coma seme rodando pola

pel). As aventuras nunca comezadas rematan aquí dixeches,

e levo o teus dentes no pescozo.




en canto tanxerina ande pola rúa avísolles para que lean máis.

9.3.06

berlín en letras de balde






xa podedes atopar nas letras de balde de arredemo o pequeno berlín en versión copiceibe.
a poeta de mallou non pode conter o sorriso e os agradecementos ;)

6.3.06

mala hostia

hoxe estou de mui mui mui mala hostia.

4.3.06

flickrteando




co vicio de rede que traía non puiden evitar facelo. fotos da familia o`connor e os outros habitantes da ardeadoarse de xira internacional.

para mostra, un bar de bruxelas, onde descubrín unha cervexa caralluda, non coma a que lle botei o outro día por enriba ao portátil...(auténtico milagre mariano, aínda funciona)

que ben que xa me empezo a entender co flickr... ;)

2.3.06

estar amterdam

amterdam é tan fermoso que luce baixo o sol do inverno como casa de bonecas, a pouco é de chocolate. dá para adorar co seu ritmo de bicicletas e testos floreados, interminable de canais. así prende nun. ao pouco de andala xa quero quedar a vivir nela ata coñecela. quero pasear por ela coas persoas ás que amo. así é que quero volver á cidade do amstel e da heinekein.

desta volta chegamos de tren e noite á estación que che entrega directamente ao red light district. preguntamos aos taxistas polo lugar máis barato para pasar a noite para así averiguar canto custa que che timen e facer un cálculo do que podemos atopar. camiñamos e preguntamos ata dar cos hostels. todo cheo. hai miles de persoas nas rúas do centro, coma en perpetua noite da patria. andamos unha media hora máis ata que atopamos a bob; cama con outros 12 descoñecidos por 18 euros e dúas torradas con café pola mañán. pódese pedir máis, pero é máis caro. así que ben nos vale aos catro sufridos que somos para repousar o corpo unhas horas.
e saímos andala de noite. a penas coñecemos nada. non sabemos que son eses edificios preciosos que todos semellan igrexas de santos importantísimos. e cando nos perdemos orientámonos polo home que soporta o peso do mundo, aínda que descoñecemos que é o que fai alí. andamos rúas ateigadas de estímulos, xente, obras que excavan a cidade, cafés, comida rápida, sexo...teño a sensación de que lle sobran turistas. e aínda no caso de que non sexa así, teño cando menos a sensación de que como turista eu si que lle sobro. o non saber é o que ten, así que imos saíndo de alí, achegámonos a bares máis tranquilos en rúas con iluminación máis precaria. vou de liadora oficial e iso non me encanta, aínda que ten o seu chiste. e a noite pasámola paseando de bar en bar, rendendo as cervexas e as horas que acumulamos de sono.
o día seguinte apurámolo ata o tren das cinco. pasamos frío, atopo un abrigo de segunda que leva o meu nome escrito, mercamos unhas postais, vemos dende fóra os museos aos que non podemos entrar, retratamos as mareas de xente que andan o centro de compras, os canais, as casiñas, as fietras onde o sol finxe primaveras.... e dende o andén que nos une a bruxelas despedímonos do porto onde viran os barcos coa parsimonia do sol que se vai.
así prende amsterdam nun coma un desexo que nunca se sospeitou. quédase dentro coma o máis doce dos amantes.