28.4.06

o petitlezard de sofía rehi

un lugar para pasar unha tarde de xusto sol e vento algo fresco que desaconsella o paseo. o petitlezard de sofía rehi, a quen podedes ler en las flores del alcohol, é deses sitios feitos para navegar ao ritmo da auga dos estanques, para deterse en ler e xogar cos seus versos, para perderse e sorprenderse.

26.4.06

cosmoexperiencia

a fin de semana poética e cordobesa deixou unha cosmoresaca cargada de grandes descubrimentos literarios, unha experiencia encantadora e aínda así, a sensación de estrañeza que lle debe producir a unha vaca pastar en prado alleo. para compensar esa estrañeza pasei por unha librería e merquei uns sete quilos de libros que case me obrigan a vender algunha roupa para poder volver con todo na maleta. do mercado, todo emerxente, recomendo a quen teña tempo e ánimo el sueño del monóxido de josé daniel garcía, adiós a la época de los grandes caracteres de abraham gracera, araña de ana gorria ( gracias polo regalo ana, cen veces máis che salvariamos de morrer como unha estrela do rocanrrol), desvelo sin paisaje de carlos pardo, la fiebre de andrés navarro, a estraña e por veces delicada travesía del hombre del barco de paco sevilla, e aínda tamén os textos de natalia manzano a quen edita el gaviero nuns libros moi xeitosos, a voz sobre os poemas de ana cibeira ( un encanto que nos foramos coñecer tan lonxe da terra nosa), os obxectos poéticos de sofía rehi e os poemas sinxelos de jahel. foi un placer compartir con vós versos,cervexas, conversas e paseos pola fermosa varsovia.
dos poetas xa emerxidos, quédome para sempre con ángel gonzález pedíndonos pitillos e falando de todos os autores aos que non ten lido, e cos versos de gamoneda a quen non puiden ecoitar porque a xente chegaba ao teito da sala aquela tarde e non cabía nin unha agulla posta de pé.
foi impresionante atopar colas nas portas das salas onde lían os poetas, tomar cafés recomendando libros, facer cuestionarios friquis, con xente tan friqui coma ti, sobre os teus versos preferidos, o poema de amor que máis che gusta, o libro que máis che impactou na xuventude...ese tipo de cousas que eu ata agora só vira entre os comiqueiros. foi precioso que córdoba nos abrigara entre os seus muros e valera para atoparnos con libros baixo o brazo.
todo unha cosmoexperiencia.

20.4.06

cosmopoética



os cordobeses, que son xente moi animosa, cando fan algo non se andan con chiquitas.
para mostra, o botón do cosmopoética, festival que che ven sendo o benicassim da poesía, con varios escenarios e programa ben cumprido e tres aniños xa de andadura. a ver que tal o facemos lualdao e unha servidora, que imos este venres a pasalo pipa con cristina peri rosi, gamoneda, angel gonzález....e... dios santo que programazo ten esa xente!!!!se están ata kiko veneno e krahe!!!
poesía para dar e tomar córdoba ;)

11.4.06

eu quero ser santa




e mística. e viaxar coma santa teresa sen gastar un can.

o forito e eu xa andamos 990 kilómetros.
esta semana aparcamos en terra dos diplomáticos.

e vos que fasedes?

1.4.06

jaen en flor


estaba jaén en flor, con sol e primaveras que anuncian festas e a rúa calurosa nas noites, tanto que dou para conversas entre actores e copas nas calexas.
non trouxen in aceite nin olivas. só a calma dos olivares baixo a lúa.e muitas muitas muitas ganas de mimos.
e ganas de volver por esta casa. anque chova.