29.6.06

feirantes (ou avisados quedades)


atención!
fin de semana feirante!
comezamos o venres na fundación granell de compostela onde unha servidora e lucíaldao presentamos de novo onde estea un cubata que se quite un soneto, a iso da oito da tarde. alí, por cortesía de boga poderedes escoitar os poemas de yolanda castaño, ana romaní, pilar beiro,maria do carme kruckenberg e os nosos propios a golpe de base electrónica.
e xa de resaca, o sábado personarémonos ás oito da tarde no festival da poesía e danza das festas de san pedro, onde interveñen dani salgado,antía otero, brancanovoneira,bárbara monteagudo e nós memas, acompañadas de pepa yáñez. faremos sesión dobre de poeta de merda, unha parvada poéticoespectral na que pepa intrepreta o esprito de rosalía. repetimos, esa mesma velada, na ultranoite da memoria da nasa.
uf!

26.6.06

ama como queiras

as maribolheras están a preparar a primeira marchaprecaria da cidade da torre, que sairá do campo da leña as 20:30 deste mércores e percorrerá as rúas ata ben entrada a madrugada. un pasarúas festeiro e rebelde que aposta pola diversidade radical entre as identidades sexuais, unha labazada na cara estirada dos señores do casino.
esta tarde de luns hai unha convocatoria aberta no local da atreu para todos aqueles que queiran colaborar.
unha festa das que elas saben facer tan ben ;)

así cho digho





e na vosa terra,
como se quer?

16.6.06

papá e eu


sms enviado- papi, xa che mandei o correo. cuidado con eses impresntables da ora q lla teñen xurada a nsa familia. tamañan. un bico.

sms recibido- hai que cambiarlle as matriculas dos coches pola do alcalde e a do xefe da ora e desviarlle as multas.

sms enviado- case mellr lls cambiams os coches e d paso q paguen as multas non? bicogrande papi.

sms recibido- excelente idea. boas muites

meu pai é xenial :)
e esa empresa que cobra por aparcar no que é de todos vainos arruinar. hoxe tocoulle a juandelus, o rapaciño da camisola amarela.
menos mal que o levamos con cachondeo. é de xenética ;)

12.6.06

a illa dos escritores premiados (contoparvo de inspiración medieval)







sedíanse eles na illa de san simón e antes de ceracárenos as ondas- que grandes son- entregaron os premios xerais de novela, o caixagz de literatura xuvenil e o merlín de literatura infantil.
e a festa debeu ser memorable, especialmente para os expulsados da illa, que foron diego ameixeiras, pai de horacio dopico, debilidade desta caseira- quen dende o sábado ten tres segundos de memoria, o mesmo que os peixes- o bloveciño jauréguizar, por a cova das vacas mortas, e agustín agra, un profe de noia que se estrea co tesouro da lagoa de reid'is.
todo isto respectivamente.

e así foi que marcharon da illa tan contentos, a celebralo tomando cañas, ou algo peor! o resto do convidados quedaron alí. viñeron as ondas. que grandes son, que grandes son... o seu amigo chegou, pero era demasiado tarde e...
... e... así quedou a cousa.

parabéns!

6.6.06

7.6.06: despois do mundo acabar

se o mundo non acaba nesta xornada que se ergue de sol e calor coma se fose aviso do mesmísimo apocalipse, mañá xuntaranse no centro sociocultural de fontiñas as poetas yolanda castaño, rosa enríquez, yolanda lópez e olalla cociña, para falar do proceso de creación e a creatividade na poesía - título algo revirado para un debate- ademáis de recitar textos acompañadas do pianista glauco galán e proxectar videos. a xornada desenvólvese dentro do programa da semana cultural do centro sociocultural de fontiñas e dá tempo de ir á praia e pasar cheo de salitre a velas, porque comeza a iso das 8 da tarde.
agora ben, se o mundo acaba hoxe voume cabrear bastante porque acabo de gastar 50 euros en cambiar o filtro e o aceite do forito.
;)