27.7.06

mentres o verán pasa


eu estudio e escribo muito. e estraño ata as pinzas da trandeira túa. cando teño insomnio, fago estas cousas.
versión de cuqui.

17.7.06

arde


mallou arde. se ao monte de carnota lle quedaban catro sombras xa van aló, pois onte á noite as lapas chegaron á súa cita estival con terrible puntualidade.
teño un cabreo que non me cabe no peito. estou tentada de artellar un comando, ir de nuite encapuchados nun catro por catro sementar carballos onde outros queiman.
que paísiño.
me cagho na nosa sombra

13.7.06

descubrindo xallas

vía vieiros ou sabe deus como cheguei a este blog, contos de xallas. ten uns contiños xeniais que describen á perfección o ser galego. curtiñós e con chispa... encántame!

4.7.06

verdades coma chalés

chégame un correo que confirma o que nos viñamos cheirando dende hai un tempo. os madrileños, como xa non caben en madrí e xa foderon as praias que lle quedaban a man a base de urbanizacións e chiringuitos, veñen agora a tocarnos o carallo e a paisaxe á costa da morte. quen envía o correo compara esta desfeita co desastre do prestige e fai un repaso da situación actual na zona de carnota e lira. a verdade é que dá medo pensalo, pero vaian facéndose á idea porque non queda outra. somos unha terra barata e desprotexida, pasto ideal para chalés, urbanizacións, e ata campos de golf, coma o que o alcalde de cee ten pensado facer para os miles de aficionados golfistas da costa da morte.
déixovos aquí parte desa carta para que o pánico cunda, que non é para menos. e se a alguén lle queda algunha dúbida, que vaia dar unha voltiña a fisterra e observe que ben se dan na recta da anchoa o ladrillo e cemento típicos da terra do "ti vai poñendo placa e despois xa se verá":

Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.
Exemplos:
Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).
Exemplos:
Lira: perto de mil apartamentos.
Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.
O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador).
Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin sequera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid.

e digo eu...non había unhas placas tectónicas aló embaixo? e non se podían ir movendo para facernos illa dunha vez por todas? e se iso non ocorre...arredemo! haberá que evitalos, a toda costa.

1.7.06

análise







se averiguas que din as letras que están tiradas sobre a saba douche un regalo pequeno
;)