29.10.06

para os que viaxan

para os que viaxan un libro de kavafis, unha novela sobre osiños, unha chamada perdida , unha libreta en branco para escribir todo o novo, un sorriso grande para botar man del cando as cousas se poñan de morriña, unha maleta cargada dos mellores desexos, unha canción alegre que acompañe a aterraxe, un anaquiño de papel cheo de plans para os primeiros días, unhas zapatillas que quenten co calor da casa...

aínda que para viaxar, abonda cun plano do mundo enteiro que se abre entre as nubes.
;)

un gato simple







henri, ás veces dubido se eres un filósofo ou un gato simple.

21.10.06

vilainferno

hoxe paseando por vilainferno para ver a desfeita da auga dinme conta de que realmente a cousa xa viña de antes...

pasen ao flirck e vexan como non minto. o que aí se retrata non ten nada que ver nin co arder nin co chover.

así é vilainferno

again and again


en vilainferno volveu chover e repetiuse o da última vez. con algo menos de auga pero con máis pedras porque a terra do monte, como é evidente, xa non a hai.

igual era mellor destruír vilainferno definitivamente e comezar dende cero.
a ver se nun segundo intento nos sae mellor.

case podíamos facer iso con todo o país. darlle a volta como se fora unha torilla e empezar pola outra cara...

20.10.06

na terra de daudet

mentres a enfermidade consumía a alphonse daudet, na pouca lucidez que a morfina lle regalaba, escribía notas sobre a dor e as noites en vela. era xa un escritor célebre que recibía contadas visitas dos seus compañeiros e vía a súa figura esvaecer e retorcerse.
tomo o libro e métoo na maleta. releo as primeiras páxinas. é facerse dano por facerse ler algo así con estes días grises de horizontes de tempestade. aínda así, envidio as doses adormecentes de daudet.

outras dores nada as calma. nin chocolates nin galletas nin gominolas.

16.10.06

lugares a onde ir en domingo




os domingos cando volvo para a casa gústame parar na costa ártabra.
porque agora a casa está en calquera sitio. non atopa acougo.
é máis atlántica que nunca.

11.10.06

novembro

este verán paseino escribindo en novembro, a extrema rexión. concretamente no pequeno porto de armark. segundo as lendas armark foi levantada sobre a cabeza dun enorme leviatan que os homes fixeron varar en terra. armark é, de feito, o nome da balea.
pero todo iso poderedelo escoita no serial novembro, que julia montilla estivo preparando xunto con unha servidora. eu no lápis e o papel e dándolle voltas á cabesiña...
os primeiros audios xa se poden escoitar aquí

agardo que o disfrutedes ;)

7.10.06

poemas para ver

o procesador de texto quedoulle pequeno ao poetas. navegando polo you tube confirmei que mil palabras non teñen nada que facer ante unha imaxe. estas son algunhas das cousas que máis me gustaron. aquí volas deixo para que vos entreteñades cando non boten nada na tele.

la noche que no vi a la mujer invisible, do poeta de fronteira mexicana omar pimienta.

corra!, un poema de sidney araújo en imaxes de alexandre acme.

retroceder nunca, por machibooke,lima, perú.

non mi vuola, vavatten, italia.

da minha aldeia, videopoema de paulo forte sobre un poema de pessoa.

6.10.06

poesía e ledicia



esta noite ledicia costas- a rapaza que tapa o seu sorriso cun libro- presenta en vigo unha curtametraxe realizada sobre poemas seus. a cita é no café cabiria, na rúa alfonso XIII, 32, vigo. ás dez da noite. promete. anímense a visitarnos ;)

ai..que vida poetil tan animada...

4.10.06

vilainferno coa auga ao pescozo



juandelux tirou unhas instantáneas da marea de antonte. pasen e vexan...