entre aula e aula veño ver a rede. entretéñome nestes dous lugares
machiños: a regueifa plataforma ofrece a posibilidade de ver o capítulo único desta serie de descarada e declarada inspiración sacada de os novos. O capítulo foi realizado na eis da coruña con máis acerto que moitas que se fan por aí cobrando- e ben-. divertida e surreal. mola ;)
videopoema V: sara jess, ociosa e traballadora ao mesmo tempo, rendeu o día de difuntos para facer unha novo videopoema. un home esperta un día e xa nada é coma antes...
despois vou á biblioteca a ler
la jungla en versión de peter kuper. así se enganan as horas tontas.
despois miro billetes de avión por se nunca me saen ás.