2.1.07

a festa prometida


saiban, queridos amigos, que para celebrar a entrada do aninovo e como última actuación da programación cultural do pub gueto- agradecidos a pitu, rexente do local e ideólogo destas iniciativas- o día 4 de xaneiro celebraremos unha festa recital ao máis puro estilo onde estea un cubata que se quite un soneto. festa na cal estaremos suso bahamonde, sara jess, lucíaldao e unha servidora pinchando música marchosa e recitando non só textos da nosa autoría, senón tamén escollidos poemas da literatura mundial. todo isto para reivindicar o valor festivo das letras. xa que somos desa xente que cremos que ler, e escribir, non é un acto aburrido e solenme que haxa que deixar para as intimidades das bibliotecas, senón que pensamos que é tan entretido como andar de carallada.
sei, sei ben que cée queda a desmán do resto da terra coñecida, pero aínda así, están todos convidados a acompañarnos esa noite, víspera da víspera de reis. ou sexa, un día coma outro.

postpost: nótese o rendemento estético que dou o papel de parede ese das flores...mimá....

13 comentarios:

sarijess dijo...

;)

Avogado Do Diaño dijo...

Eu na distancia, pero estarei

bandini dijo...

es la ostia!!!!

mariademallou dijo...

acórdarémonos de todos ;)

oko dijo...

mágoa non poder estar :(

Ro dijo...

este mes vou pasar por ahi un par de dias e vou aproveitar pra prenderlle lume o gueto pa que aprendades a non facer cousas que me den envexa!!!! moita merda!!!

hugo dijo...

"Onde estea un cubata que se quite un soneto" Cómo sodes!! Acabarei lendo poesía eu tamén, condanados.
Feliz aninovo.
hugo

Laurindinha dijo...

Agardo que o pasaredes como a ocasión o merecía! Pena que quedase tan lonxe... Bicos!

TXARI dijo...

alçariades um cubata na honra dos poetas ausentes, nom? e oitro no de quen nom poidemos ir!

mariademallou dijo...

alsamos uns cantos cubatas á saúde de todos cantos nos acordaron ;) e iso si, pasámolo xenial. e ata conseguimos recoller unha pequena parte en video, que se a tecnoloxía o permite, veredes colgada por aí en breve.
saúdos

Danny Raatzke dijo...

Eu paseino realmente ben no Gueto. Magoa que non furrulase o video, pero non pasa nada, as formigas tamén tiñan o seu encanto, jajaja. e é mais, rede grazas a vos, mostra as veces que queiramos as vosas videocreacións.
Unha aperta!!

mariademallou dijo...

alégrome que o disfrutases dani! e agardo verche a finais de febreiro presentando algo niso que sabes que tramamos. ánimo!!

sarajess dijo...

raatzke

bonito apelido, va que si?

;)

adiante con iso, neno, ti podes!