12.1.07

lecturas

o día cinco , cando cheguei de madrugada á casa, dixéronme que sorprenderan a tres tipos raros que se colaran para deixar non sei que paquetes dentro dos nosos zapatos. era unha historia un pouco absurda, porque seica entraron de noite e en silencio pero non levaron nada. pero non vou ser eu quen desconfíe aquí de miña nai.

o caso é que me deixaron un libro que cada vez que o abro me dá vértigo. 1001 libros que seica teño que ler antes de morrer. pois vaia encomenda, pensei, porque algúns aínda teñen unhas páxinas.

iso que significa, que me portei ben ou mal?

3 comentarios:

TXARI dijo...

issso é que equivocaronse de pessoa, reghalarte livros a ti!!!!!!!! que índa es de bonequinhas!!!!!!...mira se nom lhe deijarían osinho novo ou boneca ás túas vizinhas...

bandini dijo...

mal está claro, es un castigo.

R.R. dijo...

Regular.