20.1.07

trisilábico arsenio dous puntos

peta


co océano enteiro atrás desa porta
sente achegárense dentro
pasiños mornos

pés pequenos de andrea


de seguido
retórcense as entrañas do ferrollo
ata un estalo rotundo que soa a fractura
e dentro
de súpeto
prolóngase un silencio
impropio

unha quietude desconcertante
antes de abrir

e a el deténselle todo o sangue no peito
e logo rebenta e espállaselle polo corpo a golpes brutos


con todo
moi
interiormente
ese sinal de incerteza confórtao

aí dentro
andrea comparte con el
sensacións do corpo

ático, arsenio iglesias

chegoume un meil que desatou unha serie de pensamentos fiados. o centro social a treu, paraxe entrañable onde nos atopamos por vez primeira, anuncia unha serie de festas para recaudar fondos e poder seguir adiante coa súa actividade. esta nuite será a primeira, a partir das 9 da tarde. a consigna e pasalo pipa e darlle uns pesos a ganar ;) eu convidaríache a unha chea solidaria no garito se beberas. e se non tivese comprometida a tarde a uns quilómetros de distancia nunha outra carallada ecolóxica.
arsenio, por certo, onte estiven con teu primo nun recital de campo á sombra de rosalía;) o libertador de escravos xuntou un puño de xente interesante. perdestes momentos antolóxicos, como escoitar de viva voz os haicus(haimedos) de leo e os versos rabudos do inxenio de xía. mario presentou porque o mandamos e xa levaba unha axuda e lorena souto estreouse esa noite. perdestes a dani que se despachou simpatía e o seu estilo pulro e o home que chegou na liña azul cos versos entre os dentes. como ves, unha xuntanza na que se faltaba alguén poderías ser ti.
cúidate alá onde estás. abrígate. que dis que esta fin de semana entra a neve. e virás un día que mario quere presentar o libro na coruña.
saúdos

8 comentarios:

Mario dijo...

Eu tamén o botei en falta, aver se o convencemos de que se volva ou polo menos presionamos para que lle saquen o libro dunha e que nos console un pouco da súa ausencia. Grande Arsenio.

(os libertadores non existen, son os pobos os que se libertan a si mesmos).
bico

Darío,o curmam d Arsenio dijo...

Muitas gracias a todos em nome da XA e minha pq fum o q metim a Mario neste embrolho.
A Mario ja lho dijerom,quedarom moi abraiados co recital.
Estivechedes todos d puta madre.Gostei muito de Leo e do rapaz de Arousa,o resto nom deijadesme d abraiarme cada vez q vos vejo(Ja som um admirador vosso)

mariademallou dijo...

pasámolo ben;) agradecida polo convite

eue dijo...

Graciñas por contardes comigo e pola vosa compaña. Un recital que nunca hei esquecer.

mariademallou dijo...

un exitaso o dos haicus, eu tampouco o esqueserei fasilmente ;)

arsenio dijo...

kaixo zer moduz gizonak eta mutilak :)

kaixo, maría :), moitas grazas polo post, non o esperaba, foi unha sorpresa.
Aquí no país dos harrijasotzaileak todo vai moi ben. Viñeron xarapadas e veu o frío, pero tamén se agradece un pouco.
En realidade, o venres andaba polo país, pero aproveitei para voltar polo obradoiro de Edu (se puidese, poñía na palabra Edu unha ligazón a www.luagris.net), que había tempo que non ía e botábao en falta.
Xa me tería gustado ir ao recital, de seguro que estivo xenial, pero bueno, xa haberá outras oportunidades.
A ver cando podemos facer ese mesmo recital aquí en Euskadi.

Bicos gordos a todos :)
Déboche un par de posts o día que poña eu un blog :)

mariademallou dijo...

ola arsenio, así que vés polo país e andas aghochado eh! ... pois tiñamos ghana de che ver :) cando ti querias facemos un recital por alá. mentres non chegha o día vou ir aprndendo vasco.
saúdos meu

A Raíña Vermella dijo...

Chego un pouco tarde:p Si que se che botou en falta, Arsenio, e foi unha mágoa porque o recital estivo moi ben. María, xenial coma sempre, con Lucía o doble, claro. Gustoume moito Lorena tamén, que non se prodiga nada, e Leo, que nunca o vira en directo. Os demáis, xa por descontado;)