29.1.07

unha habitación con vistas

unha habitación con vistas, como a que desexa lucy no filme de james ivory, é o que ofrecemos para quen se anime a ser o noso compañeir@ de piso nunha vivenda con todas as comodidades da vida moderna situada no paseo de ronda- ao pé de riazor- na cidade da torre.
a casa é grande grande, con esa madeira francesa no chan, calefacción, wifi, vitrocerámica, micro e un lavaivaixelas, que nunca usamos, pero aí está. temos ademais un gran salón presidido por unha tele sony e unha ampla coleción de películas en dvd. por suposto, temos dvd, o contrario sería un absurdo.
somos tres encantadoras personas moi traballadoras e tranquilas, coas que aínda podes botar unhas risas de vez en cando. coñecernos non ten precio, pero o cuarto si: uns 155 euros. así que se estás interesad@ ponte en contacto cunha servidora no seu meil: casatlantica@yahoo.es.
un blog tamén vale para isto.
;)

17 comentarios:

sara jess dijo...

se eu che andara pola Coru non o dubidaba (outra cousa sería que quixeras ajuantarme). pero sigo aquí, na "capital central da movida mental" e quizais vaia sendo hora de que viaxe un pouco.

beijos, mariloli :-))

mariademallou dijo...

pois non o dubides mosa, que se vive ben fóra da muralla pétrea de compostela. e eu, encantada de aghuantarche.
;)

ghanito dijo...

Eu xa teño piso e non moi lonxe do voso ademais, se non xa estaba mandando un correo.

Sorte na busqueda ;-)

mariademallou dijo...

;) ghrasas!

Danny Raatzke dijo...

coñezo unha rapaza que esta a buscar piso, é mexicana e chega a Galicia pra estudiar o 20 de febreiro creo, maisoumenos..., o k non sei é en que parte de a coruña quere vivir!!!

mariademallou dijo...

ola dani, pois como a coruña tampouco é nova iorque, igual lle gustaría vivir ao lado do mar ;)aquí estaremos...

Avogado Do Diaño dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Avogado Do Diaño dijo...

Se sondes bebedores de Jack Daniels inda o pensaria, pero non contedes nada a miña muller, non sexa que me vote da casa.


Bicos e sorte c@ posible veciñ@ de cuarto

sara jess dijo...

moito me gustaría levar o teu poemario a Berlín. pero Arredemo está pechado dende hai demasiado tempo, e boto en falta ler os teus poemas. sería bonito, baixo o ceo dalí verquer uns fíos invisibles que chegaran onda ti.

pasarasmo inda que sexa polo correo electrónicofríocalculador?

;)

mariademallou dijo...

pois mandareicho, aínda que en breve volverá estar na rede en nova versión reeditada!!
xa o saberedes con tempo.

A Raíña Vermella dijo...

Vaia, un blog multitarea! :) Tedes unha vista privilexiada, só por iso xa merece a pena. Sorte coa escolla e coidado co cásting.

mariademallou dijo...

hehe...en pleno casting estamos ;) temos un xurado máis duro que o de ot
...

TXARI dijo...

caralho figesteme saltar a morrinha de socato!! por ese prezo aluganme a min as patas da cama...hai jalissia que bonita ti es, que até nos preços nom tes a quen pareçer!!!...eu ía só polas vistas, pero podiamos montala muito e se cadra nom é boa ideia, prefiria ir de vizinho do lado por se vos faltare açucar e limón para os mojitoss....sorte, noia!

besbellinha dijo...

Eu xa llo comentei a un posible inquilino, pero resulta que lle queda moi lonxe do traballo...ais, o ben que o ía pasar con vos, dende logo a xente non sabe o que se perde. Bicos e a partir do 15 xa sabes :P

mariademallou dijo...

a partir do quinse ou ighual antes has de saber de min ;)
un saúdo besbe

Sugar Kane dijo...

Mimá, tal e como o contas até me entram ghanas a mim de mudar de piso!!

Bicos e sorte na procura!

rosa enriquez dijo...

QUE PINTA TEN ESE CUARTO DE CÓMODO E COMO PINTAS TI A CONVIVENCIA... CON ESAS VISTAS E SE VIVIRA NA CORUÑA NON O DUBIDARÍA PERO... ESTOU EN COMPOSTELA¡ NON SE PODE TER TODO. UNHA APERTA