15.2.07

estiven en ...babel

fotos club Babel 104
bonito nome para un bar que se chama club. o local é impresionante, as fotos tampouco desmerecen e a programación chama por un a berros. poden ver algunhas imaxes no seuspace pero non é o mesmo que estar alí. dígolles que merece coller o coche e facerse os quilómetros ata a muralla para ir a algunhas das citas que teñen para febreiro. ou simplemente para botarlle un ollo.ou un cubata,vamos, o que lles pida o corpo.

8 comentarios:

Sugar Kane dijo...

Querida concelheira, saiba que na sua ausência o resto da câmara municipal estamos a preparar o asalto a Lugo para as próximas semanas ;)

mariademallou dijo...

e fasedes ben!
;)

O pastor eléctrico dijo...

Un bo sitio o Babel. Facía falla na cidade das murallas un lugar así. É impresionante a mestura de estilos que pode chegar a ter.

besbellinha dijo...

Pois xa temos unha parada técnica no noso percorrido murallil, que ben, que ben :)

sarijess dijo...

a próxima vez que pepichule e vostede se dirixan a babel, apúntome sen tregua. palabra.

rosa enriquez dijo...

PARÉCEME ALUCINANTE. ESTIVEN VENDO AS FOTOS E O LOCAL É MOI CHULO ADEMÁIS POLO QUE VIN TEN UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES INTERESANTE. HABERÁ QUE IR A LUGO. UNHA APERTA MARÍA.

A Raíña Vermella dijo...

Xa sei o que vou facer na próxima volta por Lugo. O sitio ten unha pintaza inmellorable...

Sak dijo...

O sitio é xenial!! Está no antigo café concerto de Lugo e é brutal o xeito de como integraron ese espazo antigo co novo espazo moderno que é hoxe. Teñen unha programación moi interesante e sobre todo a música, como non, rexentado polo Dr Think (aka Álvaro Pardo) non podía ser doutro xeito.

Quedoume algo spot publicitario, pero como ben dixéstedes todos, facía falta algo así en Lugo.

Aviso aquí en petit comité, que se está preparando algo especial en e-music nese local, seguiremos informando :P