5.2.07

os nomes que nos rodean



marcial villamor era carpinteiro, sindicalista e amante dos libros. e nun tempo que parece lonxe pero non o é, as súas ideas e a súa loita valéronlle a marcial acubillar unha bala na cabeza. vós, que sodes xente lida, saberedes apreciar a relación que hai entre a descripción inicial e a bala resultante.
a súa é unha das moitas historias que a guerra decidiu agochadar baixo a pesada lousa do silencio. e baixo ela seguiría por sempre de non ser pola labor da súa familia, que vos anima a asinar para que a súa memoria, e a de outros coma el, nos manteña alerta. o que propoñen é que o seu nome sexa o dunha das rúas de compostela.
para moitos, que as rúas se chamen de tal ou cal maneira pode non ser máis que unha seña útil para o tránsito urbano, pero a realidade é que os nomes que nos rodean falan do que somos e do que queremos ser. aquí na cidade da torre, sen ir máis lonxe, non che é o mesmo quedar na praza de españa que no campo da leña, con seren o mesmo lugar.
deterse a preguntarse de onde ven o nome desta rúa, ou quen sae nas avenidas e quen nas estreitas do barrio é unha maneira de coñecer o lugar que habitas. o mundo que nos rodea. así é que esas placas azuis que adornan as esquinas berran aos catro ventos quen somos, que contamos sobre o que fomos e como o contamos. e dado que a historia xa a relataron durante moito tempo os mesmos, non che é un mal momento para pedir un pouco de xustiza. e que se faga.
e que poidamos un día deternos á altura do número sete da rúa marcial villamor e saudar ao señor bandini, quen virá da man do seu fillo explicándolle que hai máis alá do ceo azul ou porqué os vasos non teñen tapa.

7 comentarios:

oko dijo...

a rúa onde vivín sempre chamouse durante moitos anos "calle general franco". un día o concello decidiu que xa estaba ben e púxolle o seu nome de toda a vida "rúa do sol"

bandini dijo...

;) gracias por ser así. tu nombre habría que ponérselo a una ciudad entera. o mejor a una provincia y pico...

mariademallou dijo...

a vostede, señor bandini.
;)

ghanito dijo...

Se vivira gran parte do rueiro da 'cidade da torre' igual Garzón non tiña que ir por aí adiante para xulgar criminais.
O que en Vigo por exemplo se fixo nos oitenta, recuperando o nome tradicional das ruas aquí ainda está por facer.
¿por canto tempo...?

mariademallou dijo...

pois...creo que por muito...

Olves dijo...

Por aquí, por Madriles, aún se puede saber con quién hablas según las calles por las que te pregunta (hay mucha gente, y no sólo vellos cancarroños, que siguen manejado la nomenclatura franquista).

Habría que empezar a limpiar antes de que sea demasiado tarde.

Apertas

rosa enriquez dijo...

OS NOMES DAS RÚAS DEBERÍAN SER DE BOA XENTE QUE FIXO COUSAS POLA HUMANIDADE E NON MILITARES NIN "CAUDILLOS"