26.2.07

saír de librerías ( 3x2)



prepárome para saír de librerías. levo dous libros na cabeza; as horas de maría de paco souto e o alento da musa de alberte momán. o primeiro é libro moi agardado para os que adoramos as letras do autor de furtivos (a percebeira é unha illa/ a illa ten nome de peixe esquivo...). as horas de maría foi premio johán carballeira na pasada edición e promete versos preciosos dos que paco sabe tecer con aire de mareas.
pola súa parte, as musas de momán abren a colección literal da difusora das letras, espazo que dedicarán á narrativa e á poesía. neste relato que arranca detrás dunha caixa rexistradora alberte achégase ás historias de personaxes frustrados que buscan o seu lugar.
de seguro serán grandes compras. e con oferta, pois o alento das musas trae como presente o caderno de poemas déixanse levar do mesmo autor.

3 comentarios:

sarijess dijo...

é xenial o texto. ante a lentitude e esquezo das librerías, internet está a ser a mellor opción para este e outros non queden esquecidos nun caixón.

pd: q tal a festa do sábado? mágoa estar tan cansa e non ter quedado.

Danny Raatzke dijo...

Pois eu quero ler en principio ese primeiro libro. Se non me estou a confundir, alguén me ten falado do autor...

Sarijess
pois si, mágoa!
:)

sara jess dijo...

coa frase de antes refírome á promoción editorial (inda q tamén a todos aqueles autores e autoras que non atopan outras vías para distribuir os seus textos; no caso de alberte téñolle visto algún poemario publicado en andar 21). beijos, mari.