29.3.07

así, así, así! ... vai o mmmmmúsicas

pois si, señoras e señores, resulta que o harvey e unha servidora non son as únicas mentes ardosas da blogoesfera galaica e a proposta de elaborar unha lista de cancións luxuriosas, tamén denominadas temas de ERDF na área de influencia coruñesa, vai vento en popa. tanto, que xa son varios blogueiros os que se animaron a abrirnos o seu corazonciño ( aínda que a expresión non é a máis axustada ao caso ;) e escribiron sobre o asunto. aí vai unha pequena lista dalgúns deles, por se queren ampliar a súa discografía :

ghanito en apocalipse do porco recolle o convite e márcase unha lista de clásicos como marvin gaye ou prince.

fodendo, dende o fodemillo, lembra cinco encontros sexuais con banda sonora. non ten desperdicio.

gaudeatrix, que xa tratara o asunto en outras ocasións, apunta un novo tema.

a besbellinha, con beliscos pequenos, fai unha lista na que destacamos sen dúbida ese who's your daddy de benni benassi...mmmmm ssssssi

dende retropower fan unha lista en tres entregas de reminiscencias discotequeiras.

as escollas de prosciutto mourente, con esa sinead o'connor a media voz, tamén son das sabrosas.

cccp tamén recolle o convite, pero elabora unha lista de discos, por se hai que aguantar toda a noite. vese que o dos tres minutos de canción se lle fixo pouco ;)

no círculo de confussao propoñen unha seleción de grandes temas do metaaaaal! con algunha sorpresa máis tranquiliña.

a raíña vermella, fitando dende o outro lado do espello, repite marvin gaye e destaca un temazo de placebo.

a rapaza do arco, cravando miradas coma frechas, fai unha seleción para polvos tranquilos á que engade a tool dándoo todo. inclúe penitencia ;)

cambote, o cadelo de paulov, estrea os ritmos latinos da lista co seu destaque e rescata do esquezo, inmerecido só por este tema, a tino casal!!!

o moucho branco, dende o seu niño, recomenda música tanto para foder como para pelar patacas, aínda que eu lle atopo máis pracer ao primeiro, e a súa lista non deix alugar a dúbidas: su rollo también es el rock.

a brunhaven, dende o seu fotolog saíulle a vea romántica e aínda así acordouse de pink floyd ;)

e así é como vai a cousa polo de agora. e aínda quedna convites por contestar. desculpas grandes se alguén que tiña que estar non está nesta lista. o océano blogueiro é grande e non sempre se navega todo.

e dirán vostedes... de que vale todo isto? pois non hai probas científicas para dicir que vaia aumentar o quecemento global do planeta, así que malo non é. é divertido e axuda a estreitar lazos como ben apuntou mourente. ademais a idea dou de si unha nova sección para o e-music na que poderán escoitaros seus temas e outros, sempre e cando sexamos capaces de facelos cadrar na etiqueta de música electrónica. empezamos o martes.

26 comentarios:

bandini dijo...

feito

neno congoxa dijo...

mmmmmmúsica pra foder

Ola!
Esta é a miña escolla:

1. I feel you- Depeche mode
http://www.youtube.com/watch?v=ddaHgzs3ljU

2. Idioteque- Radiohead
http://www.youtube.com/watch?v=jJ9KYriPbU4

3. Hyperballad- Bjork
http://www.youtube.com/watch?v=_KB6dtVuS_0

4. Underwater love-Smoke city
http://www.youtube.com/watch?v=HJTsXKNLbZc

5. Gabriel- Lamb
http://www.youtube.com/watch?v=XEUWFvT16f8

Por certo estamos a preparar a música para "Adictas"(eu tamén son fan) cando teña algo audible xa llo envío a Gustavo para que o poidas escoitar.
Unha aperta

asminhasmulleres dijo...

Eu tamén fixen a miña lista xa.

besbellinha dijo...

creo que este foi o meme (que palabra tan así) máis chulo, máis participativo e máis pracenteiro de toda a historia do blogomillo, ides pasar aos anais da historia. Agora que o penso o de anais non ía con mala idea.

moucho branco dijo...

En serio prefires foder ao das patacas?... iso será que non pelaches nunca das boas, das de Betanzos.
Sexa como sexa estou dacordo con besbellinha en que este asunto foi todo un acerto.... e ollo, que aínda falta moito persoal.

A Raíña Vermella dijo...

Que guai o resumo da iniciativa:) A conclusión á que chegamos é que os gustos son infinitos, salvo Marvin, que é universal.

A rapaza do arco dijo...

Mi ma! como se está poñendo isto! Realmente erades conscientes da que iades montar no blogomillo? Este son o tipo de iniciativas interesantes que hai que promover ;)

mariademallou dijo...

ola a todos.e antes de nada muitas gracias por participar aportando os voso temas :) nun par de días faremos outro resumo para facer balance...

bandini, como sempre xenial, moi bo ese títulos de música para edredones ;) bicos

neno congoxa, unha listazsa, pero sobre todo boísima esa idioteque!! ;)

bravo por cansei de alalá de cansei de ser sexy!

besbe, moucho ( nin betansos nin hostias!:), raíña e rapaza e todos : que bonito é a xente atoparse

:D un pracer tremendo ler as propostas de todos e atopar tantos pequenos lazos invisibles.

bueno, paro, que me poño sentimental ;)

besbellinha dijo...

Non chores ho...pon a música e a...ups

cambote dijo...

de onda oghallá se convertese en tsunami.

Tawil dijo...

Eu também:
http://odemo.blogaliza.org/2007/03/30/mmmmusicas/
:D

sara jess dijo...

besbellina, esa frase de "os anais da historia", sempre pensei que fai referencia a que a historia sempre estivo escrita e manipulada polos que se dedicaron a dar polo cú.

sara jess dijo...

por certo, a miña colaboración. levo unhas semanas disfrutando do vinilo de "crazy! baby", do mellor organista da historia: Jimmy Smith.

atopei este enlace: http://youtube.com/watch?v=nLn6v0V3QUw

mais no disco este hai algunhas desas pra foder ben a modo, con pouca luz e sobre o chan.

xalundes dijo...

non vexo a Barry White, a garganta profunda por excelencia...

besbellinha dijo...

hahahaha moi boa esa sara jess e seguro que non che falta razón, Barry White creo que o tiña elianinha por aí.

pipi das meias altas dijo...

eu tamén irei fazer unha lista en cando a teña xa che digo eu algo.
bicos

pipi das meias altas dijo...

xa teño unha lista, vete a mirar a ver se che gusta, anda.

Zerovacas dijo...

Creo que vou ter que facer unhas "caras b" das miñas escollas. Por exemplo This mess we're in, de PJ Harvey e Thom Yorke, dous dos feos máis atractivos do mundo.
Encantado de coñecerte o outro día nese lugar no que, aínda non sei ben por que, nos deixaron pechados durante horas (nós chegáramos ás 12)

Ah, e outra "Cara B", ademais moi evidente, Porno, de Clinic

besbellinha dijo...

Que xa se adiantou o Extrarradio a falar de mmmmúsicas...me parece fatal que lle quiten as primicias a e-music.

mariademallou dijo...

hahahaha... bueno...que se lle vai faser;)

estibaliz... dijo...

queridisma maría, que cada vez que entro aquí xa non es ti soa senón que es un batallón:

grazas por mandarme o meme das 5 cancións para procreare. Xa fixen os deberes e paseinos a limpo.

cando queiras podes pasarte pola casa miña, que máis que atlántica é santamargarítica, e lle botas un ollo a y grego.

Moitos saúdos cargados de bicas da criaturamecánica

X dijo...

Eu aínda ando a voltas cos meus cinco pero deixo aquí o link á contribución fermosa do Nhusko. Saúdos e parabéns pola iniciativa.

http://nhusko.blogspot.com/2007/04/mmmmmmsicas.html

ryggs14 dijo...

Moi boa esta iniciativa. Tentarei apoiala dende o meu blog, aportando as miñas cancións.
Agardo que vos gusten

Colazo dijo...

a min tamén me chegou a cadea e a parte de cumprir, déixovos unha idea, ter unha lista de 10 temas votados polo blogomillo. Sen puntuacións, só nomeándoos.
De todo o que ouvín(e se contar os meus), quédome con 3, o tipiquísimo Je t'aime(que só me pareceu velo nunha blogue e noutra versionado), o máis posteado:Sexual Healing e o Is This Love de Bob Marley. Que pouco Reggae vin e co ben que pega...

PD: Made in Galiza só lembro ter visto o "Máis heteros (que os heterossexuais)" de Projecto Mourente

mariademallou dijo...

dios...mil ghrasias a todos. faremos reconto ....uf a ver como se fai iso...

bicasos!!!!!!

X dijo...

O link para a colaboración de Moralla.

http://moralla.blogspot.com/2007/04/soft-parade.html

Eu sigo avanzando cos meus.
Saúdos.