19.3.07

e-resaca



a e-festa foi un evento memorable! coñecer e recoñecer ( teño un lío de caras na cabeza...) a un montón de blogueiros, ver ao colectivo oruga en directo (molan), e durmir de pé como reza o dito popular. todo un festón. a verdade é que o pasei tan ben no 14 aquela noite de 16 que me dou moita lástima que as fotos que saquei eu estiveran todas movidas e desenfocadas ;)
hehe
cosas del directo.

12 comentarios:

homedareia dijo...

un pracer, maría, que tes unha cariña que é sorriso eterno :)
lembra o que che comentei do blip.tv para recuperar o falangullo de casatlántica ;)
(e... na túa cámara ten que haber unha foto miña que tirou ghanito, que quero ter, por favor... contáctame para pasarma ;) )

mariademallou dijo...

feito ;)

besbellinha dijo...

como que andaba o neno da dorita por alí??? Ai madre, non ves? que lios que lios e que e-resaca, si señora :D

ghanito dijo...

Oes, eu non saio nas fotos. Supoño que algunha das do flickr a faría eu.
¡Como andaba esa noite, non lembro moito as fotos que saquei!

mariademallou dijo...

ola meu, si que saes, pero non estás subido á rede ;)a maior parte das fotos do flirk son das que sacaches ti ;) non o dixen. as que saquei eu son as que están movidas de ves ;) ben se lle nota

en fin, que grasias por exercer de fotógrafo;)

tou cun correo pa mandarche as fotos.

neno congoxa dijo...

ola!
moitas grazas pola visita ó meu blog e polo comentario...o da festa tiñan que movela por Galiza adiante...facela itinerante...
sondes do millor.
Unha aperta.

mariademallou dijo...

;) festa itinerante....mmmmm... me mola ;)

Sugar Kane dijo...

Argh, o que me perdim. Para a próxima festa prometo estar!

Sak dijo...

Insisto, como mola ler as vidas paralelas da xente que foi á festa!!

Coa e-resaca lonxe, mandádeme fotos!!

pipi das meias altas dijo...

Hai que facelo aqui! coñezo unha associacion cojonuda que se alquila por pouco. Podemos cobrar de entrada unha botella de todo o que sexa alcoolico pero non alcool etílico, àuga oxigenada, perfume ou calqueira que sexa o deterxente de fregar o baño!(é importante mantener a calidade!)de resto calqueira cousa serve. As fotos terán que ser tembladas se non perdese o glamour!
Xa verás que ben a montamos!

mariademallou dijo...

hehe..esa pipi, que xa nos está preparando o salto ao extranxeiro;)
un bicaso ghuapa!

lourixe dijo...

Olla o que me dura a min a resaca que ainda me poño a estas alturas a repasar as crónicas do evento! Un pracer coñecer tantos blogueiros e chuceiros dunha sentada! Especialmente a anfitriona desta casatlántica que teño de hai tempo nos favoritos! Até a próxima!