14.3.07

estes son os meus coleghas e isto é o que saben faser...


hai xa tempo que veño pensando en montar un apartado no blog que se chame abertamente así, sen ocultacións de ningún tipo, porque para isto tamén debe servir a ferramenta, especialmente se un non ten nada que contar ;)

divagacións á marxe, prepárense para ver ao ghran titiriteiro alakran dando un concertazo de serrucho acompañando a death in vegas.

o serrucho, non é cachondeo, ven de estados unidos afinado e todo, porque seica non vale un calquera para lle sacar as notas e os do país deben estar noutra tonalidade. polo demais, e eu estou de testigo, non é nada sinxelo facer o trebello sonar decentemente. compadézanse entón dos que vivimos os primeiros meses de prácticas musicais e calculen que a destreza do intérprete é grande e o seu empeño autodidacta maior.

pois iso. que estes son os meus coleghas....
;)

9 comentarios:

txari dijo...

mimáááá´, de onde lhe virá tanta arte a este artista???? pena de que nom fosse convidado....jâ mas pajarán com creçes....creio que é o primeiro vídoe que se lhe pode ensinar á minha nai sem que se escandalisse (a habitaçom recolhida!!!!!, mimáaa...um artista, sempre o digemmmm....

besbellinha dijo...

impresionante, e "como mola". Moi boa a sección esta :)

mariademallou dijo...

borxa é un fenómeno ;) disculpa txari que non che chamaramos, pero fun só unha tarde de visita rápida. ameaso con volver así que no próximo video estás de estrela convidada ;)

un bicaso meu!

a vostede, señorita besbelha, véxoa esta semaniña na e-parti!!!!

Efory Atocha dijo...

Ja, Ja Ja, Ja, ja, ja:¡coño! Ya era hora de que se le pudiera ver al Borxita. ¡Sufrí sus primeros acordes, sus primeras mañanas de estudio!Besos para ambos.
Chago.

Efory Atocha dijo...

Perdona: se me pasó:¿un video de O'Festicultores?(¿) ¡Que tardes María en aquel enorme campus! Con el Cerdito asado y tú, con la cerveza, y ellos, dale con la música...
Ch.

pipi das meias altas dijo...

Encantoume o serrucho!
E non ven en cores?
Molava un de diseño estilo nórdico ou latino. Tamén poderíamos facer uns etnicos, seria todo un negócio!
E esse tocador non seria Borxa, non?
Non sabia que lle viña a vena para o serrucho! Agora a practicar que un destes dias lle chamo e facemos unha xira polo mundo con actuacions en Paris e Londres incluso en Portugal, xa verás.Hai futuro no serrucho!
Un bico enorme

Mario dijo...

o máis ghrande foi cando tocou o himno "queixumes dos pinos", é que até parece un haicu do eue.

martamera dijo...

Que morriña! Como botamos en falta ese laio! Saúdos para el e para ti, tamén para o Chago desde Compostela

mariademallou dijo...

saúdos a esa casa marabillosa de xente boa que sodes!