27.3.07

mmmmusicas

en conversa de meil ocioso con harvey, alumbrada á luz do milagre do you tube, disfrutamos dunha velada musical que pasou por fases propias de calquera bipolar que se precie. intercambiamos cancións desas que pos antes de saír de marcha para ir con bo corpo, desas outras que che afunden no sofá e non che deixan erguer cabeza, das que pos cando limpas o baño e cantas amarrado ao pau da fregona e desas que non sabes que teñen pero que che sentan como a dose xusta de auga a unha aspirina efervescente. vaia, o que denominamos en lingua vulgar como cancións pra foder. aínda que no momento práctico nunca che acorde de acender o reproductor ou non deas atopado o cedé entre a morea de trastes que ocupa o teu cuarto. e , a verdade, tanto che ten.

pero pareceunos tan pavero o desvarío que fixemos unha lista. e quedou tan resultona que decidimos compartila co mundo por se hai quen lle saiba dar bo uso ;)

esta é a miña parte :

gloria, na versión de the doors



o tema na interpretación dos doors e por boca de morrison acelera pulsos ata facelos berrar. apareceu na lista porque foi canción da miña adolescencia e sempre lle gardei paixón. e , malia que sei que sonará a topico tremendo, a min este tipo cántame o himno de pondal e tería efecto semellante.


i put a spell on you en versión de marylin manson

auténtico frenesí posesivo, imposible non sucumbir a ese subir e aguantar que manson rompe a berros antes de que entre a guitarra. glorioso subidón.

a forest, the cure

para ligar en discotecas e facer quilómetros detrás da lúa. ideal para coches e nocturnidade, aínda que pode non pasar de toqueteo.

oh la la, de goldfrapp

descubrimento enorme! promete polvo de sorriso imbécil que dura días. ela tan sensual co seu oh la la mentres a música che vai levando as cadeiras... mmmm. é a tal para restregarse.

piggy de nine inch nails

ver a trent restorcerse empapado mentres fai esbarar frases antes de que a a melodía levante é só superable pola versión segunda deste tema -non a atopei- que se enrosca nun e non o solta ata o éxtase. algo enfermizo, si. pero ingualable.


12 comentarios:

gustavo harvey dijo...

que guai, que guai.... esto merece-se umha secçom no e-music e a publicaçom dum cd compilatório :D

a ver que nos descobrem os nossos blogs amigos!

que se lo curren!!!!

mariademallou dijo...

;) ighual nos chove na terrasa e nós non o sabemos pero a verdade é que fui divertido faser a lista. por serto. esquesín poñer os meus convidados a elaborar a súa lista....

pero saberano. atendan ao seu meil ;)

rosa enriquez dijo...

Gustoume isto de ecoitar música para foder¡¡¡ Oh la la, de golfrapp... Dacordo co do movemento das cadeiras, levedando o desexo. Paseino moi ben María e os compañeiros que escoitaron tamén. De seguro escoitarán algo así o sábado na casa. Eu sairei. Un saúdo

mariademallou dijo...

e eu, ben que me alegro, rosa ;) un saúdo!

Moralla dijo...

É a primeira vez que escribo neste blog, pero é que Os Doors flípanme e non digamos Jim Morrison no escenario, é a sensualidade personificada, digamos que a luxuria. Idóneo tamén para darlle a certas herbas
saúdos

W. Sobchak dijo...

Grandes escolhas The Doors e The Cure!
abofé

ghanito dijo...

Non podo entender que para esta materia prefiras a versión de MM á da Creedence: http://www.youtube.com/watch?v=SrmqZYf3yJI

cambote dijo...

O que máis o Morrison. Tiña algo no seu moverse e mirar que o facía único.

mariademallou dijo...

hai que ver...tantos anos como pasaron e a versión dos doors segue facendo efecto ;)

imos de modernos pero no fondo...

;)

Carlos dijo...

Libro virtual Seductiva Mente. La seducción es un juego de la mente. Así que juega con tu mente... y con la de los demás.

Puedes bajarlo en
http://perso.wanadoo.es/ddragon/seductivamente.zip

Link interesante sobre seducción en
http://www.personal.able.es/cm.perez/estsexo.htm

y lista de correo en
http://es.groups.yahoo.com/group/elartedelaseduccion/

eue dijo...

A min xa me enlearon tamén nisto de facer de dj cuchino. Subscribo sen pudor o parágrafo dedicado a Morrison e descubro que lle mola tanto a música cañeira coma a min ;-)

Luis Caldeiro dijo...

***Saúdos a todos os parroquianos da Blogosfera Galega. Grande, grande a iniciativa de facer unha lista coas cancións mais quentes. Hai que foder. De todos os xeitos, sinto dicir que as cancións que figuran deixanme a caralla ben triste. Ben, é cuestión de gustos. Por certo: si queredes rir e pasa-lo ben entrade a esta páx.: www.piradosalpoder.com. De nada, rapaces.