22.3.07

na puta vida



así de claro o tiñan en barcelona cando saíron á rúa no mes de setembro do pasado ano. e bastante claro o teñen tamén pola ben vendida cidade da torre, especialmente no barrio de montealto ao que lle quedan poucos días de encanto. precisamente é por iso polo que este sábado hai convocado un roteiro que sairá do campo da leña ás 19:30. a idea, saír á rúa para manifestarse en contra da especulación inmobiliaria que, como saben, é epidemia mortal deste noso paisiño.
se non o cren, ou lle queda aínda algunha dúbida, fagan a estrada que une esta punta atlántica coa cidade de pedra e paren a retratarse diante dos enormes carteis que rezan : compramos terrenos. pagamos bien. e non se preocupen se se lles pasa o primeiro, porque os hai a centos e non só aí.
un amigo residente na cidade condal comentábame na última visita que tiñan que poñer unha fianza de 4000 euros para seguir no piso. flipei. díxenlle, o meu coche - a máis cara das miñas posesións- vale catro veces menos que a túa fianza. por aquí as cousas aínda non son así, pero... non se apuren, todo se andará. imos polo camiño bo.
e mentres tanto aforren. ou recen. porque é moi posible que aquel paraxe incomparable que tanto lles gustaba ou aquela leiriña que pensaban herdar, ou esa vivenda con encanto que lles saía tan económica se convirtan por azar municipal en aquelas casitas del barrio alto todas hechas con resipol que cantaba victor jara.
agarde, non se emocione se é dos que adora as reixas e os antexardíns. porque seguramente non lle suban o soldo tampouco este ano e é moi posible que non chegue a xuntar para o notario antes de que o prexubilen.

así as cousas. mentres as grúas desmontan a paisaxe poden mudarse a esta casa. ou vir a patalexar este sábado tarde.
;)
eu, non se molesten, prefiro a segunda opción.

8 comentarios:

Sugar Kane dijo...

No entanto, em Detroit, as casas mais baratas que os carros. Mundo este... :)

mariademallou dijo...

mimá....

bandini dijo...

ahí le duele. tienes razón. pero ya no va bastando sólo con tener razón y protestar, hay que ir más allá.
Esto lo extraigo de un Chat-entrevista que ayer concedió Miguel Bosé en la web de la S.E.R.. Tanto la pregunta como la respuesta me parecen de una lucidez tan esclarecedora que, a día de hoy, explican de la A hasta la Z toda mí ideología política y mis convicciones ético-morales.

Por eso cuando veo la tele o escucho a la radio, o leo los periódicos, y constato las preocupaciones principales de los habitantes del terruño, este me parece un planeta tan deprimente.









28. gaia 13:48


P. Que opinas de que tengamos un país distraido con discusiones intrascendentes, cuando tenemos un verdadero reto a nivel planetario: El cambio climático, la desforestación, la contaminación del planeta, el creciente poder de las multinacionales sobre los gobiernos... Desde luego te aprecio mucho como hombre polifacético , cantante, actor y persona comprometida con causas nobles. Sigue así. Eres un ejemplo a seguir y una inspiración.


R. Chicos, ahora más que nunca es el momento de ser activos, de comprometerse. En general, estamos viendo que la clase política no nos escucha, no protege nuestros intereses, en suma, no le importamos. En las urnas está nuestro ejercicio de poder, no lo abandonemos. Deseo que a partir de ya, e independientemente de partidos y colores, haya garantías inherentes, condicionantes del voto, y que se blinden, o si no, adiós Lucas, que tienen que ser cosas como el derecho a vivir en paz, el no a la guerra, la protección de todos los aspectos referentes a nuestro planeta, fauna, flora, medio ambiente, etc., y la garantía de una diginidad individual personalizada en educación, sanidad, trabajo y retiiro, entre otras cosas. Se nos demuestra de que la codicia empresarial, y por lo tanto, política, porque no excluyo a los partidos de las empresas, no tiene límites. Se acábó. Basta ya. Si no nos protegen, ha llegado el momento y la hora de que lo hagamos nosotros. Vamos a imponernos o de lo contrario será lícito el que nos neguemos a pagar impuestos.


PERDÓN POR LO EXTENSO

Anónimo dijo...

non che coñecía eu esa culturidá de coñecer as cancións de VJ

neno congoxa dijo...

"yo pregunto a los presentes si no se han puesto a pensar que está tierra es de nosotros y no del que tenga más" (V.J.)

besbellinha dijo...

Para iso non tivo desperdicio a entrevista onte en "Volta ao rego" a Diego Ameixeiras...tiña que ter feito coma Umbral e dicir "yo vengo aquí a hablar de mi libro" porque o fulano que se o problema de vivenda na xuventude, que se a xuventude non tiña intereses políticos, que sei eu.

Por outra banda, a miña vida aínda no é tan puta, pero está a tempo.

A rapaza do arco dijo...

Pois estamos fodid@s, sen traballo estábel, e aínda téndoo co soldo conxelado, e pola outra banda esta perspectiva... é bastante deprimente. Eu aínda agardaba herdar algunha leira, pero se cadra hai que ir buscando un plan F, esgotados xa todos os demais.

anag dijo...

maria lado maria lado, quién vendrá a la casa de galicia?

hasta pronto