28.3.07

o home tres veces édito


carlos meixide, máis coñecido entre nós como o home inédito, xa non é tanto. despois dun éxito de descargas comparable ao dos videos de shakira, a que fora a primeira novela galega publicada en rede sae ás librerías en cómodo e transportable formato de libro de toda a vida . o alumbramento foi posible gracias a un acordo entre a virtual e virtuosa ediciós da rotonda e a editora rinoceronte, que chegaron á conclusión de que compartir é vivir para conservar a licenza de creative commons da obra.
podedes ademais ver ao autor en pleno furor promocional pasearse pola piazza da rotonda e outros lugares de igual encanto nun publireportaxe que saciará todas as curiosidades que tiñades sobre a súa persona.
e para abrir boca e que vos animedes con esta 'mestura entre sexo en nova york e no ventre do silencio' , un dos meus diálogos preferidos, real e diglósico como a vida mesma :

- rramon
-dime, amigo lucash
- que tal vash?
- como o carrallo
- eu tamén.
- eshtou moi, moi, moi borracho.
- eu eshtou moito máis borracho ca ti.
- non lucash non. eshtoy yo mucho másh que tú. mira coño, shi hashta hablo cashtellano shin darme cuenta de lo borracho que eshtoy!

;)

6 comentarios:

gustavo harvey dijo...

Este homem nom é o que recitava de memória os nomes dos concelhos galegos por ordem alfabética??? Um crack vamos!

mariademallou dijo...

si. tremendo numeraso! un crack efectivamente, un crack ;)

W. Sobchak dijo...

Fixadesvos que em galego temos a expressom "ir como o caralho" para refererirnos a algo que vai mal?
Ainda vai resultar que temos a lingua menos sexista do planeta!!

O livro este descarregueino no seu momento pero nom o cheguei a ler. Tentarei fazelo axinha para poder opinar.

mariademallou dijo...

pois ...non, nunca me fixara :)

recomendolle a lectura, moi entretida ;)

Mr Tichborne dijo...

É moi divertido! e por desgraza hoxe poucos libros o son.
Mariíña: lle fixeches publicidade ó libriño "Inventario de nubes" xa por Xaneiro... e pasóuseme! Acábome de enterar. Moitas gracias atrasaaaadas.

Entereime por Bea Lorenzo (http://xabronlagarto.blogspot.com/), que tamén publica no mesmo libro e que promete moito.

pipi das meias altas dijo...

A Meixide deverianlle facer unha estátua no medio de Fonseca, cara ó Franco, para que todos os borrachos que pasarán por ali lle poiderán prestar suas sentidas homenaxes. Que domínio do verbo e da sintaxe! Casi coma eu e ti cando falavamos galego-potucastellano nessas noites de profondamente meditatativas!
Que bonito é sentir que hai quen nos entende e ode dar a voz ao mais comum dos homes!
un bico