16.4.07

aniversar en sur tres: vigo

é certo. josele non minte, en bouzas non amence. e se o fai, eu non o vin ;)
a noite do sur agarda por nós con cañas fronte ao mar e trasnadas desas que non facía dende que era nena. divertidísimo. con un montón de risas que a parela igmig e o seu representante :) non paran de ofrecernos. recelebro república e alégrome de que o día da marmota nos persiga. aínda que a esa altura xa o convertimos en semana oficial da marmota e musicámola co pasodobre de soutullo. así que deixamos que as horas pasen e nos sorprendan. o mellor plan para celebrar calquera cousa é ese. tardei tres días chegar a esa conclusión.

e para domingo, delicia. levalo con calma e almorzar en terraza soleada. sorrir. chamar a mamá para quedar a cear. sorrir grande. conducir de volta co sol no retrovisor deslizándose dourado. parar no cemiterio de padrón a merendar, saúdar aos grupo de moteiros que nos adiantan en milladoiro, chegar á casa de sara e tomar un té. conducir de novo baixo a pálida luz da noite.

abrazar forte a mamá. chamar a papá.

gracias por todo.

;)

5 comentarios:

neno congoxa dijo...

"Flores de reverso opaco e fronte plastificado...extrañas e fermosas flores habitan en Paraños, lugar de parañoicas personaxes..."
Foi todo un pracer tervos de convidadas...xa sabedes onde estamos. para sempre
Unha aperta forte

mariademallou dijo...

presioso!

sara jess dijo...

nena, grazas por tres días inolvidables. cargueime de vida contigo,
e sentínme feliz.

inda me dura.

;)

sara jess dijo...

http://vids.myspace.com/index.cfm?fuseaction=vids.individual&videoid=1516021879

mariademallou dijo...

e a ti sara.