24.4.07

a chamada das mareas

amiguiños e amiguiñas,
hai un par de días, dando un fermoso paseo pola beira do riazor coruñés, o meu teléfono móbil non puido resistir a tentación do baño e botouse en grácil salto ao atlántico, onde agora durme. así que se me chamades seguramente non vos colla ninguén porque os chocos e as nécoras creo que aínda non saben manexar a tecnoloxía telefónica. ademais estaba case sen batería e no fondo do mar seica non hai enchufes por cuestións de seguridade.

o peor do asunto é que con esta aventura perdín os contactos dun montón de xente á que acostumo felicitar por nadal e esas cousas para as que os móbiles serven. se eres un deses e aínda non che chegou un chisposo meil no que explico todo esto, ou se simplemente queres que che felicite o 2008 cando chegue o momento, ou consideras que non podo vivir sen ter o teu contacto, podes escribirme a casatlantica@yahoo.es.

mentres tanto disfrutarei do adolescente pracer de baixar chamar ás cabinas e pasar a timbrar ás vosas casa a ver se andades por alí.

13 comentarios:

neno congoxa dijo...

ola María!!
Penso que o final non vou poder ir a verte a Coimbra...dame pena pero xa terei máis oportunidades.
Unha aperta.

A cabina: camiñaba o outro día pola praza de anacos de pedra que está en fronte o edificio sacro da miña vila. Alí temos dúas cabinas abertas expostas aos oidos necesitados das maruxas e maruxos que insuflan o sol e respiran a súa tristeza nas tardes quentes de Abril.
Pasei, esquecido dos meus pasos, ao carón da estructura publicitaria que sostén os teléfonos cando os berros de desesperación dunha moza fixéronme recobrar a sensación de fluir sobre o pobo, unha dor intensa fixouse no meu estómago...non sei se choraba por perder a alguén querido ou por saudade e tampouco quero sabelo, pero o que si sei e que boa parte das miradas dos vexetais que alí facían a súa particular fotosíntese alimentaron a súa sabia podrida coa desgracia da pobre rapaza.

Sugar Kane dijo...

Vaia putada, sinto-o :(

Foste perguntar na oficina de correios submarina? Igual alguma faneca o encontrou e o foi deixar por ali...

Laurindinha dijo...

Vaia para o móbil! Que traveso!

Ra dijo...

Es que tanto calor...
Bico y ánimo con las cabinas,María.

mariademallou dijo...

ben, amiguiños...xa volvo ter móbil activo. muitas gracias a todos os que me mandastes ao meil os contactos... sodes uns soles!!!

gustavo harvey dijo...

ostia.... serendipias da vida o meu último móvel rematou no fundo da ria de Ferrol.... um pouco mais de lixo nom se há de sentir!

Aguardo que fosse por umha boa causa essa teima nossa tam contaminativa....

Beijos desde o além!

txari dijo...

se cadra no fondo da ría da Corunha críe umha perla ente o teclado ea batería...sería máis caro que o da paris jilton!, tambén deberías deijarte levar polo placer de nom ter móbil e nom agardar chamadas, ou que che chamen a berros, que o mundo nom é tan jtande, che...

Anónimo dijo...

Xa non sabes que inventar para non collerme o móbil.

anónimo gonzalez dijo...

xa non sabes que inventar para que eu che dea o meu ;)

sara jess dijo...

ai, maría,
o que tal provoca a ledicia eh?
revoltas nos adentros que nos despistan
e ate a historia esta do móbil a tomas con humor.

fas ben. mírame a min.

um beijo

pd: andamos xa a preparar o do composcity- pepa vaima axudar-xa che avisarei das datas para ver se cadran ben.

e te pasarás pola ultranoite ver o vídeo, digho eu, que bo traballo me está a custar...

smuac!

sarijess dijo...

pd2:fíxate que hora é, e estou aquí traballando. bueno, a verdá é que nunca me deito moito antes.

a próxima reunión facémola na Coru, pero pasandoa noite aí, e así me despexo un pouco.

mig? dijo...

mira ti donde se acumulan todas as chamadas perdidas, no fondo do oceano, cubrindose de corales, fosilizandose...creo que esta revolución das comunicacions está levando aos obxectos a plantexarse a súa independencia, o teu queria ser mergullador, o meu foise co primeiro que pasou despois dunha sesion hard de malos tratos, haberá que metelos en escolas e anularlles a capacidade de decisión.

mariademallou dijo...

;) haberá